English Electric Lightning
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
English Electric Lightning | |
---|---|
Fabricante | English Electric British Aircraft Corporation |
Primeiro voo | 4 de agosto de 1954 |
Introducido | 11 de xullo de 1960 |
Retirado | 1988 |
Principais usuarios | Royal Air Force Forza Aérea de Kuwait Real Forza Aérea de Arabia Saudita |
Unidades construídas | 337 |
O English Electric Lightning (posteriormente BAC Lightning) foi un avión caza británico supersónico da guerra fría, lembrado principalmente pola súa velocidade alta e o seu aspecto metálico. O Lightning entrou en servizo na Royal Air Force e a Real Forza Aérea Saudita. O avión utilizouse en exhibicións de voo, superou varias marcas mundiais de velocidade e foi o primeiro avión supercruceiro. En xullo de 2006, o F-35 Joint Strike Fighter foi renomeado como "Lightning II" para distinguirse do English Electric Lightning e o P-38 Lightning.
O primeiro de dous prototipos P-1A con motores Sapphire voou o 4 de agosto do ano 1954, e o moi mellorado P-1B, despois chamado Lightning, o 4 de abril do 1957 e converteuse no primeiro avión británico que excedía Mach 2. Na práctica, dez escuadróns baseados en Gran Bretaña recibiron este interceptador todotempo armado con mísiles, veloz e equipado con radar, que supuxo unha mellora respecto dos subsónicos Hunter e Javelin que substituíu. Dúas unidades foron despregadas na RAF Germany, unha en Chipre e unha en Singapur. A meirande parte da frota de Lightning converteuse ó Phantom a mediados dos anos 70, pero a Ala de Binbrook (Escuadróns 5 e 11) aguantou ata o 1987 e 1988, no que realizou a transformación ó Tornado F.Mk 3.
Especificacións
[editar | editar a fonte]- Tipo: caza interceptador monopraza English Electric Lightning F.Mk 2A.
- Construtor: English Electric
- Ano: 1954
- Principal usuario: Royal Air Force, Kuwait e Arabia Saudita.
- Envergadura: 10,61 m.
- Lonxitude: 16,84 m.
- Altura: 5,97 m.
- Área alar: 41,4 m².
- Peso baleiro: 12.719 Kg.
- Peso cargado: 18.915 Kg.
- Planta motriz: 2 Rolls-Royce Avon 301.
- Armamento: 2 canóns Aden de 30 mm sobre a proa e 2 máis abaixo dela, e 2 AAM Firestreak baixo a fuselaxe.
- Velocidade máxima: Mach 2,27
- Alcance operacional: 373 millas