Saltar ao contido

Hawker Hunter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hawker Hunter
Hunter suízo
Tipocaza
FabricanteHawker-Siddeley
Primeiro voo20 de xullo de 1951
Introducido1954

O Hunter, que voou o 20 de xullo do 1951, foi un caza empregado por algunhas unidades da RAF, inda que en misións secundarias.

Características

[editar | editar a fonte]

Este caza lonxevo foi deseñado para substituír o Meteor, e chegou a substituír os Venom e Sabre dos escuadróns de ultramar. A aparición do Hunter revolucionou o Mando de Caza. Cando foi retirado o Hunter foi amplamente empregado en misións de ataque ó solo e entrou en combate en Indonesia e no Golfo Pérsico. Os derradeiros escuadróns, os nº 45 e 58, serviron coma reservas de pilotos para a frota de avións Jaguar e foron disoltos no 1976. O Hunter estivo en activo no unidade de Armas Tácticas de Brawdy ata o 1982, substituído polo BAe Hawk e o English Electric Lightning.

Especificacións

[editar | editar a fonte]
  • Tipo: Caza diúrno monopraza Hawker Hunter F.Mk 6.
  • Construtor: Hawker-Siddeley
  • Ano: 1951
  • Principal usuario: Royal Air Force e a Fleet Air Arm
  • Envergadura: 10,26 m.
  • Lonxitude: 13,98 m.
  • Altura: 4,10 m.
  • Área alar: 32,42 m².
  • Peso baleiro: 6.405 Kg.
  • Peso cargado: 8.050 Kg.
  • Planta motriz: 1 Rolls-Royce Avon 200 de 10.000 libras de pulo.
  • Armamento: 4 canóns de 30 mm a proa e bombas, foguetes e tanques lanzábeis subalares.
  • Velocidade máxima: 715 millas/h
  • Alcance operacional: 1.840 millas con tanques subalares.