Saltar ao contido

Enhanceosoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo estrutural dun enhanceosoma. O ADN bicatenario móstrase en verde e rosa; o dominio en hélice superenrolada de unión ao ADN ATF-2/c-Jun móstrase en púrpura; o factor de resposta ao interferón móstrase en beis; e o NF kappa B móstrase en laranxa (subunidade p105) e azul (subunidade p65).

O enhanceosoma (do inglés enhanceosome e, literalmente, amplificosoma) é un complexo proteico de orde superior que se ensambla nos amplificadores (enhancers) dos xenes e regula a expresión dun xene diana, especificando a localización, temporalización e magnitude da resposta.[1] A unión e ensamblaxe das proteínas activadoras é cooperativa debido ás interaccións proteína-proteína enerxeticamente favorables formadas no complexo.

O exemplo mellor coñecido de enhanceosoma actúa sobre o xene do interferón beta humano[2][3], o cal está regulado á alza en células que son infectadas por virus.[4][5] Tres proteínas activadoras (NF-κB, unha proteína activadora do interferón como IRF-3, e o complexo ATF-2/c-Jun) únense cooperativamente á rexión amplificadora dese xene situada augas arriba en infeccións virais. A interacción está mediada por unha cuarta proteína, a HMG-I, a cal axuda a estabilizar o complexo ao promover as interaccións entre proteínas.[6] O enhanceosoma ensamblado recruta a maquinaria transcricional, como a ARN polimerase na rexión promotora para iniciar a expresión xénica.[1][4]

  1. 1,0 1,1 Merika, M; Thanos, D (abril de 2001). "Enhanceosomes". Current opinion in genetics & development 11 (2): 205–8. PMID 11250145. doi:10.1016/s0959-437x(00)00180-5. 
  2. Panne D, Maniatis T, Harrison SC. An atomic model of the interferon-beta enhanceosome. Cell. 2007 Jun 15;129(6):1111-23. PMID 17574024 . PMCID PMC2020837. DOI 10.1016/j.cell.2007.05.019
  3. Junming Yie, Kate Senger, and Dimitris Thanos. Mechanism by which the IFN-β enhanceosome activates transcription. PNAS vol. 96 no. 23. 13108–13113. doi: 10.1073/pnas.96.23.13108 [1] Arquivado 03 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.
  4. 4,0 4,1 Panne, D (abril de 2008). "The enhanceosome". Current Opinion in Structural Biology 18 (2): 236–42. PMID 18206362. doi:10.1016/j.sbi.2007.12.002. 
  5. Dimitris Thanos, Tom Maniatis. Virus induction of human IFNβ gene expression requires the assembly of an enhanceosome. Cell. Volume 83, número 7, 29 de decembro de 1995, páxinas 1091-1100. doi: 10.1016/0092-8674(95)90136-1 [2]
  6. Nikhil Munshi, Menie Merika, Junming Yie, Kate Senger, Guoying Chen, Dimitris Thanos. Acetylation of HMG I(Y) by CBP Turns off IFNβ Expression by Disrupting the Enhanceosome. Molecular Cell. Volume 2, Número 4, p457–467, outubro de 1998. doi: http://dx.doi.org/10.1016/S1097-2765(00)80145-8. [3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Enhanceosome Molecule of the Month (febreiro de 2010) por David Goodsell