Eparquía católica greco-melquita de Newton
Aparencia
Coord.: 42°18′N 71°06′O / 42.3, -71.1
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 322.755.353 (32,84 hab./km²) | |||
Lingua usada | lingua inglesa | |||
Relixión | catolicismo | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 9.826.675 km² | |||
Creación | 1966 | |||
Catedral | Annunciation Melkite Catholic Cathedral (en) | |||
Sitio web | melkite.org |
A eparquía de Newton é unha sé da Igrexa católica greco-melquita inmediatamente suxeita ao patriarcado de Antioquía dos melquitas. En 2022 tiña 32.000 bautizados. O seu bispo é François Beyrouti dende 2022.
Territorio
[editar | editar a fonte]A eparquía ten xurisdición sobre todos os fieis da Igrexa católica greco-melquita dos Estados Unidos de América. A sé episcopal é Newton, onde está a catedral da Anunciación; nos Ánxeles está a concatedral de Santa Ana.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Justin Abraham Najmy (27 de xaneiro de 1966 - 11 de xuño de 1968, finado)
- Joseph Elias Tawil (31 de outubro de 1969 - 2 de decembro de 1989, retirado)
- Ignatius Ghattas (2 de decembro de 1989 - 22 de xuño de 2004, retirado)
- Cyrille Salim Bustros (22 de xuño de 2004 - 15 de xuño de 2011, confirmado como arcebispo de Beirut)
- Nicholas James Samra (15 de xuño de 2011 - 20 de agosto de 2022, retirado)
- François Elias Beyrouti (dende o 20 de agosgto de 2022)