Equidna de fociño longo de Attenborough
Equidna de fociño longo de Attenborough | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Zaglossus attenboroughi' Flannery e Groves, 1998 | |||||||||||||||
Distribución da especie
|
O equidna de fociño longo de Attenborough (Zaglossus attenboroughi), tamén coñecido como equidna de fociño longo de Sir Davis é unha das tres especies do xénero Zaglossus que vive en Nova Guinea. Recibe o seu nome na honra de Sir David Attenborough, o eminente naturalista. Vive nas Montañas Ciclopes en Papúa, provincia de Indonesia, preto das cidades de Sentani e Jayapura.
É o membro máis pequeno do seu xénero, sendo máis semellante en tamaño ó equidna de fociño curto que ós outros membros do seu xénero. O macho é meirande que a femia, e poden diferenciarse polas esporas das patas traseiras. O equidna non é un animal social, que só se xunta con outros da súa especie unha vez ó ano (en xullo) para emparellarse. A femia deposita os ovos despois de oito días, e as crías estarán na bolsa da nai preto de oito semanas ou ata que as súas espiñas se desenvolvan.
Ten hábitos nocturnos, e pode facerse unha bóla de espiñas cando se sente ameazado, de forma parecida a como o fan os ourizos. O equidna pesa entre 5 e 10 kg, e pode atoparse en toda Nova Guinea, sendo máis común nas zonas montañosas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Leary, T., Seri, L., Flannery, T., Wright, D., Hamilton, S., Helgen, K., Singadan, R., Menzies, J., Allison, A., James, R., Aplin, K., Salas, L. & Dickman, C. (2008). "Zaglossus attenboroughi". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 28 December 2008. Database entry includes justification for why this species is listed as critically endangered.
- ↑ "New hope over 'extinct' echidna". BBC News. 15 de xullo de 2007. Consultado o 23 de maio de 2010.