Saltar ao contido

David Attenborough

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Attenborough

(2015) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) David Frederick Attenborough Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1926 Editar o valor en Wikidata (98 anos)
Isleworth, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity College de Londres
Clare College - xeoloxía, zooloxía
Wyggeston Grammar School for Boys (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoConservação (pt) Traducir, protección medioambiental, actividade literaria, natural science (en) Traducir, divulgación científica e educational television (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor, presentador de televisión, naturalista, director de televisión, wildlife filmer (en) Traducir, ecoloxista, escritor, presentador, biólogo, director de cinema, realizador, guionista, xornalista, autobiógrafo, divulgador científico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1951 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorBritish Broadcasting Corporation (1951–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoEcoloxismo Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Navy Editar o valor en Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019 Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloKnight Bachelor Editar o valor en Wikidata
CónxuxeJane Elizabeth Ebsworth Oriel (1950–) Editar o valor en Wikidata
PaisFrederick Attenborough Editar o valor en Wikidata  e Mary Clegg Editar o valor en Wikidata
IrmánsRichard Attenborough
John Attenborough Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webweb.archive.org… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0041003 Allocine: 91997 Allmovie: p2738 TV.com: people/david-attenborough
Twitter: SirDavidBBC Instagram: davidattenborough Youtube: UC3p3WtGCfeVRvt3ytWNHQAg BNE: XX840057 Last fm: David+Attenborough Musicbrainz: 7caa5b31-1b51-4f9a-9e69-97f184b899c7 Discogs: 792903 Allmusic: mn0001205661 WikiTree: Attenborough-45 Editar o valor en Wikidata

David Attenborough, nado o 8 de maio de 1926 en Londres, é un naturalista británico, un pioneiro dos documentais sobre a natureza.[1] está considerado un dos maiores divulgadores científicos[2] El considera o seu documental de 2020, David Attenborough: A Life On Our Planet, o seu testemuño persoal da súa vida e do futuro do planeta.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade

[editar | editar a fonte]

Attenborough naceu en Isleworth localizado en Middlesex, agora parte do oeste de Londres, non obstante medrou en College House no campus da Universidade de Leicester, ao ser seu pai Frederick, o reitor[4], que tivo outros dous fillos, o vinculeiro Richard, actor e director e que morreu en 2014, e o máis novo, John, executivo en Alfa Romeo morto en 2012[5]. En 1939, durante a segunda guerra mundial a súa familia adoptou dúas nenas xudías refuxiadas que permaneceron coa familia durante sete anos.[6]

David estudou na Wyggeston Grammar School for Boys en Leicester e xa na súa infancia coleccionaba fósiles, rochas e outros espécimes naturais[7]. En 1945 cunha bolsa de estudos matriculouse no Clare College de Cambridge para estudar zooloxía e xeoloxía, e graduouse en ciencias naturais en 1947 e logo realizou o servizo nacional na Royal Navy, estacionado en Gales do Norte e no esteiro de Forth.

Primeiros anos na BBC

[editar | editar a fonte]

Logo de realizar o servizo nacional traballou un tempo como editor de libros de texto infantís, e tras enviarlles o seu currículo á BBC e malia só ver a televisión só unha vez na súa vida[8], aceptou unha oferta para recibir un curso de preparación de tres meses para traballar na televisión, e en 1952 comezou o seu traballo a tempo completo na BBC, comezou como produtor para o departamento de non ficción, entre os seus primeiros proxectos estiveron o concurso Animal, Vegetable, Mineral?, e The Song Hunter, unha serie de 1953 sobre música tradicional que presentou Alan Lomax[9].

O primeiro programa dedicado á natureza que produciu foi a serie en tres partes Animal Patterns que presentou o biólogo Julian Huxley centrado na camuflaxe, aposematismo e o cortexo sexual e na que aparecían animais do Zoo de Londres. Mentres traballou neste programa coñeceu a Jack Lester, conservador de réptiles do zoo, e decidiron facer unha serie sobre unha expedición para capturar animais, o resultado foi Zoo Quest que se emitiu por primeira volta en 1954, con Attenborough como presentador ao enfermar Lester a última hora.[10]

Ao comezo da década de 1960 realizou estudos de posgrao en antropoloxía social na London School of Economics polo que só realizou colaboracións ocasionais coa BBC. Non obstante, antes de rematar o posgrao aceptou de novo un posto fixo na BBC, e en 1965 volveu como o novo director (controller) da BBC2.

Dirección da BBC2

[editar | editar a fonte]

Attenborough converteuse en director da BBC2 en marzo de 1965, secasí, o seu contrato incluía unha cláusula que lle permitía realizar programas de xeito ocasional, e así cara ao fin do ano marchou a Tanzania para filmar elefantes, e en 1969 realizou unha serie de tres partes sobre a historia cultural de Balí. En 1971 para a película documental A Blank on the Map realizou a primeira expedición occidental a un remoto val de Nova Guinea, contactando por primeira volta co pobo bikaru.

Cando Attenborough se fixo cargo da dirección a canle BBC2 levaba un ano de vida e aínda estaba á procura do seu espazo. Como novo director procurou realizar unha programación diversa e diferente ás ofrecidas nese momento no Reino Unido. Baixo a súa guía a música, a arte, o entretemento, arqueoloxía, comedia experimental, viaxes, teatro, deportes, negocios, a ciencia e a historia natural atoparon o seu lugar ao longo da programación semanal. Entre os programas nacidos durante a súa xestion, salientan, Man Alive, Call My Bluff, Chronicle, Life, One Pair of Eyes, The Old Grey Whistle Test, Monty Python's Flying Circus e The Money Programme. En 1967 converteuse na primeira canle británica en transmitir en cores, o que aproveitou Attenborough para introducir na programación o snooker ou a rugby league de xeito regular.

Unha das súas decisións máis significativas foi ordenar a realización dunha serie documental de trece capítulos sobre a historia da arte occidental para explotar a calidade do novo servizo de televisión en cores, o resultado foi Civilización, que se emitiu en 1969, e que logrou recoñecemento de crítica e público, que tamén tivo The Ascent of Man de 1973. Chris Parsons[11], produtor da Unidade de Historia Natural da BBC, pensou que unha serie sobre a historia da evolución podería ser interesante, deulle un título Life on Earth e falou con Attenborough, que tamén pensara niso e mesmo considerara presentala.

Non obstante, en 1969 converteuse en director de programas da BBC polo que era imposible dedicarse a outros labores e en 1972 considerouse a súa candidatura para o posto de director xeral da BBC mais Attenborough devecía por realizar de novo filmes e a primeiros do ano seguinte deixou o seu posto directivo para volver á execución de programas.

De volta á divulgación televisiva

[editar | editar a fonte]
Attenborough filmando un comentario para un documental no Kennedy Space Center

Logo da súa renuncia ao seu posto executivo, Attenborough principiou un novo proxecto, unha viaxe a Indonesia cun equipo da Unidade de Historia Natural que deu como resultado a serie de 1973 Eastwards with Attenborough, semellante a Zoo Quest pero sen apresar animais.

Tras volver a Inglaterra comezou a traballar no guión de Life on Earth. Por mor do ambicioso do proxecto, BBC decidiu colaborar cunha canle norteamericana para facer fronte os custos. Namentres se realizaban as negociacións, seguiu a realizar proxectos, en 1975 presentou a serie sobre arte tribal, The Tribal Eye, outra sobre viaxes de exploración The Explorers, e unha serie infantil sobre criptozooloxía co título de Fabulous Animals sobre criaturas míticas como o grifón ou o kraken.[12] A BBC asinou un acordo de coprodución con Turner Broadcasting e en 1976 comezou a produción de Life on Earth. Non obstante, antes de se levar á pantalla Attenborough comezou a presentar en 1977 Wildlife on One, unha serie de fauna da BBC One que se alongou ata os 253 episodios e que rematou en 2005, foi un enorme éxito popular chegando a ter unha audiencia semanal de entre 8 e 10 millóns de espectadores no seu máximo, e os espectadores da BBC votaron o episodiio "Meerkats United" (1987) como o mellor documental de fauna da historia[13].

Life on Earth

[editar | editar a fonte]

Life on Earth que se comezou a emitir en 1979, converteuse nun referente de calidade na produción de documentais sobre a natureza e influenciou a toda unha xeración de documentalistas. A serie tamén estableceu moitas das características distintivas das producións de historia natural da BBC. Ao tratar o tema con seriedade e incluír os últimos descubrimentos, Attenborough e o seu equipo gañaron a confianza do mundo científico, que responderon facilitando incluír nos seus programas os seus traballos. Así en Ruanda puideron filmar ao grupo de investigación de Dian Fossey sobre os gorilas das montañas. A innovación foi outro factor importante no éxito da serie: o equipo argallou novas técnicas de filmación para recoller as imaxes que Attenborough quería, enfocándose en acontecementos e animais que non se filmaran.

O éxito de Life on Earth levou á BBC a considerar unha continuación, e cinco anos despois apareceu The Living Planet centrada na ecoloxía e nas adaptacións das especies vivas ao seu ambiente. Foi outro éxito de crítica e público, xerando importantes vendas internacionais. En 1990, The Trials of Life completou a triloxía orixinal, nesta volta centrada no comportamento animal ao longo das diferentes etapas da vida.

Ao longo da década de 1990 continou a realizar documentais que incluían o título "Life", así en 1993 presentou Life in the Freezer, a primeira serie de televisión que avaliaba a historia natural da Antártida. Continuou cunha materia que semellaba difícil de presentar como produto televisivo, as plantas, que son esencialmente obxectos chantados na terra, o resultado foi The Private Life of Plants (1995) que as amosaba como organismos dinámicos usando a técnica fotográfica do time-lapse para acelerar o seu crecemento.

Outros documentais

[editar | editar a fonte]
Attenborough na serie Great Barrier Reef en 2015

Para alén da serie de documentais de "Life" e Wildlife on One, Attenborough continuou a traballar noutros documentais para televisión, principalmente de historia natural. Escribiu e presentou en 1987 unha serie sobre a influencia do home na vida natural da área mediterránea, The First Eden. Dous anos despois, realizou unha serie sobre os fósiles, Lost Worlds, Vanished Lives. Tamén foi o narrador de 50 episodios de Natural World, a serie dedicada á natureza en BBC Two. En 1997 presentou BBC Wildlife Specials, cada episodio dedicado a unha especie en especial.

Coa chegada do novo milenio continuou a colaborar coa unidade de historia natural da BBC como guionista e narrador. Alastair Fothergill estaba a realizar a serie The Blue Planet (2001), dedicada á vida mariña e decidiu non utilizar un presentador que estivese na acción, polas dificultades de falar á cámara cun equipo de mergullo e pediulle a Attenborough que narrase os filmes. O que tamén aconteceu en Planet Earth (2006), o meirande documental sobre a natureza feito para a televisión e o primeiro de fauna realizado pola BBC en alta definición. En 2009 escribiu e narrou Life, unha serie en dez partes que pretendía dar unha visión global da dos comportamentos desenvolvidos ao longo do tempo para sobrevivir[14] e narrou Nature's Great Events, que amosaba como cambiios estacionais crean as condicións para que se dean algunhas das situacións máis espectaculares da natureza[15]. En 2011, Fothergill deulle un papel maior en Frozen Planet, serie sobre a natureza nas rexións polares; Attenborough aparecía na pantalla e foi o autor do episodio final, ademais de darlle a súa voz á serie. Attenborough presentou a primeira produción da Unidade en 4K, Life Story. (2014)

En 2015 presentou Great Barrier Reef, no que volveu ao lugar que el primeiro filmou, en 1957.[16][17]

  1. "David Attenborough: a fine specimen". Donaghy, James The Guardian, 3 de marzo de 2008
  2. Priest, Susanna H. (ed.) "Attenborough, David" Encyclopedia of Science and Technology Communication, Volume 1 Longon:SAGE, 2010, p. 71
  3. Lowry, Brian (2 de outubro de 2020). "David Attenborough offers his 'witness statement,' and a warning, in 'A Life on Our Planet'". CNN. Consultado o 9 de outubro de 2020. 
  4. "History of College House". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2006. Consultado o 24 de setembro de 2006. 
  5. Robinson, David (2 de setembro de 2014). "Remembering Richard Attenborough". British Film Institute. Consultado o 14 de febreiro de 2017. 
  6. "The children Britain took to its heart" Arquivado 18 de agosto de 2017 en Wayback Machine.. The Jewish Chronicle, 2 de abril de 2009
  7. "David Attenborough: A Life in Television". BAFTA Guru. 19 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2015. Consultado o 04 de maio de 2019. 
  8. Attenborough, David (2002). Life on Air. BBC Books. ISBN 978-0-563-53461-7.  pp. 10–11.
  9. Attenborough, David (2002). Life on Air. BBC Books. ISBN 978-0-563-53461-7.  p. 13
  10. Walton, James (21 de maio de 2016). "David Attenborough used to steal the animals he found in the jungle and take them home". The Spectator. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2018. Consultado o 05 de maio de 2019. 
  11. Obituary. Chris Parsons. The Telegraph, 27 de novembro de 2002
  12. Gately, Martin (1 de abril de 2006). "Fortean Times episode guide to Fabulous Animals". Forteantimes.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2009. Consultado o 10 de maio de 2019. 
  13. "Meerkats United". WildFilmistory.org. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2010. Consultado o 20 de xaneiro 2010. 
  14. Holmwood, Leigh (21 de setembro de 2007). "Attenborough is back – again". The Guardian (Londres). 
  15. "Nature's Great Events Press Pack". BBC Press Office. 11 de febreiro de 2009. 
  16. "David Attenborough to present new landmark series on the Great Barrier Reef for BBC One". BBC Media Centre. Consultado o 17 de outubro de 2014. 
  17. "Sir David Attenborough heads back to Great Barrier Reef". Consultado o 17 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]