Equilibrio de Nash
Coñécese como equilibrio de Nash unha teoría elaborada polo matemático norteamericano John Forbes Nash, Jr. para aplicación na teoría de xogos, que define un equilibrio que marca a óptima estratexia de todos os xogadores dun xogo dado.
Nótase tal equilibrio cando un xogador de dito xogo non pode beneficiarse mudando de estratexia, se se manteñen todas as estratexias dos outros xogadores constantes. Exemplificando, nun xogo de escoller números do 1 a 9, inclusive, xogado por dúas persoas, no que quen escolla o maior número é o vencedor, é posíbel que ocorra só unha situación de equilibrio de Nash: cando ambos xogadores escollan 9. Se o xogo consistise en proclamar vencedores aqueles que escolleran os mesmos números, habería a posibilidade de ter 10 equilibrios de Nash. Outro caso no que é observado o equilibrio de Nash é no Dilema do Prisioneiro.