Equipos de fútbol campións do mundo
Aparencia
Competicións válidas pola FIFA.
Competicións oficiais
[editar | editar a fonte]- A Copa Intercontinental de Fútbol ou Copa Europea-Suramericana é un extinto torneo de clubs de fútbol masculino que enfrentaba ano a ano aó campión de Europa (Liga de Campións) co campión da Suramérica (Copa Libertadores). O gañador de cada enfrontamento coroabase como Campión do Mundo (sendo os continentes moi máis desenvolvidos no mundo do fútbol naqueles anos) por ser a instancia máis alta á que podía chegar un club de fútbol oficialmente. Desde 1960 ata 1979 enfrontábanse nos países dos respectivos campións continentais e entre 1980 e 2004 disputouse nos meses de novembro ou decembro nas cidades xaponesas de Tokio (de 1980 a 2001) e Yokohama (de 2002 a 2004). Tamén é coñecida como Copa Toyota, en alusión ó patrocinador do trofeo. En 2005 foi substituída pola Copa Mundial de Clubs, que se celebra anualmente no Xapón, engadíndolle un campión por continente (que antes non participaban) e desde a edición 2007 ó campión do país organizador, completándose cun total de sete clubs aspirantes a se proclamar campións a nivel mundial. Todos os equipo en 2017 foron nomeados oficialmente campións do mundo FIFA.[1][2]
- A Copa Mundial de Clubs da FIFA, máis coñecida como Mundial de Clubs, é a competición de fútbol a nivel de clubs máis importante do mundo que dá o título mundial.[3][4][5]
Nela participan os clubs campións das seis confederacións afiliadas á FIFA. O torneo organízase cada ano e reúne aos equipos campións das competicións continentais da AFC, CAF, Concacaf, Conmebol, UEFA e OFC e, a partir da edición de 2007, ao campión do país organizador.
O antecedente directo do torneo foi a Copa Intercontinental.[6]
Gañadores
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ FIFA Council approves key organisational elements of the FIFA World Cup Arquivado 27 de outubro de 2017 en Wayback Machine. - Recognition of all European and South American teams that won the Intercontinental Cup – played between 1960 and 2004 – as club world champions./ www.fifa.com
- ↑ "FIFA Club World Cup 2017 - History" (PDF). FIFA Report 2017, pages 15, 40, 41, 42 (Zürich: Fédération Internationale de Football Association). December 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de decembro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ "FIFA Club World Championship TOYOTA Cup 2005" (PDF). FIFA Report 2005 (Zürich: Fédération Internationale de Football Association): Páxinas 5, 19. December 2005. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ "FIFA Club World Cup 2017" (PDF). FIFA Report 2017 (Zürich: Fédération Internationale de Football Association): Páxinas 15, 40, 41, 42. December 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de decembro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ "FIFA Club World Cup 2017" (PDF). FIFA Regulation CWC 2017 Páxina 37 (Zürich: Fédération Internationale de Football Association). December 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ "FIFA Club World Cup 2017 - History" (PDF). FIFA Report 2017, pages 15, 40, 41, 42 (Zürich: Fédération Internationale de Football Association). December 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de decembro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.