Saltar ao contido

Erbo, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erbo
Igrexa de San Pedro de Erbo.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Área2,2 km²
Poboación47 hab. (2011)
Densidade21,36 hab./km²
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Erbo foi unha parroquia do concello de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 47 habitantes distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto do ano 2004 cando tiña 51 habitantes.

San Pedro de Erbo foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada na de San Xoán de Palmou. Os veciños loitaron para sobrevivir como parroquia, chegando incluso a facer marchas a Lugo para impedir a supresión. Con todo, en 2018 o goberno lalinés seguía a contar Erbo como parroquia a nivel organizativo municipal, así como desde o punto de vista social, posuíndo deste xeito o seu correspondente alcalde de barrio.[2][3]

Estaba formada polos lugares de Corvillón, Erbo de Abaixo e Regufe.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]