Erguendo a bandeira en Iwo Jima
Erguendo a bandeira en Iwo Jima (en inglés: Raising the Flag on Iwo Jima) é o nome dunha fotografía histórica tirada o 23 de febreiro de 1945 por Joe Rosenthal na illa de Iwo Jima, no Xapón. Amosa cinco marines dos Estados Unidos e un médico da Armada alzando a bandeira estadounidense no monte Suribachi durante a batalla de Iwo Jima na segunda guerra mundial.
A foto chegou a ser moi popular e foi reimpresa moitas veces, o seu autor obtivo o premio Pulitzer de fotografía. Está considerada como a instantánea de guerra máis importante da historia, unha das máis reproducidas do mundo.[1]
Dos seis homes que aparecen na imaxe, tres (Franklin Sousley, Harlon Block e Michael Strank) caeron en combate, mentres que os sobreviventes (John Bradley -despois dunha longa investigación, o Corpo de Infantaría de Mariña dos Estados Unidos recoñeceu que Bradley non estivo na foto senón o infante Harold Schultz, quen sobreviviu á guerra-, Rene Gagnon e Ira Hayes) convertéronse en celebridades debido ó uso propagandístico de guerra que se realizou coa súa aparición. A imaxe foi utilizada por Felix de Weldon para esculpir o Memorial de Guerra do Corpo de Marines dos Estados Unidos, xunto do Cemiterio Nacional de Arlington, nos arredores de Washington, D.C.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fifty Years Later, Iwo Jima Photographer Fights His Own Battle". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2004. Consultado o 16 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Erguendo a bandeira en Iwo Jima |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bradley, James (2006). Flags of Our Fathers. Bantam. ISBN 0-55338-415-5.
- Davidson, John (2005). La Guerra del Pacífico: Día a día. Diana, S.A. de C.V. ISBN 84-662-1227-2.
- Weinberg, Gerhard L. (1999). A World at Arms: A Global History of World War II. Cambridge University Press. ISBN 0-52155-879-4.
- Wright, Derrick (2001). Iwo Jima 1945: The marines raise the flag on Mount Suribachi. Osprey Publishing. ISBN 1-84176-178-8.