Erika Lust
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Erika Ellinor Hallqvist ![]() 5 de abril de 1977 ![]() Estocolmo, Suecia ![]() |
Educación | Universidade de Lund - ciencia política (–1999) ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Barcelona ![]() |
Ocupación | director de cinema pornográfico ![]() |
Período de actividade | 2004 ![]() |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Erika Lust ![]() |
Participou en | |
FICEB (pt) ![]() | |
TEDx talk (en) ![]() | |
Festival Internacional de Cinema de Chicago (pt) ![]() ![]() |
|
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Pornopedia, ![]() ![]() |
Sitio web | erikalust.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Erika Lust, nada en Estocolmo en 1977, é unha produtora de filmes pornográficos sueca. É a cofundadora da Lust Films. Dende o ano 2000 reside en Barcelona.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse en Estocolmo en ciencias políticas e feminismo pola Universidade de Lund. Os seus filmes adoptan unha óptica feminina, é dicir, están destinados a excitar as mulleres, mostrando como a parella fai o amor, a forma de se bicaren e tiraren a roupa etc.
En 2004 dirixiu The good girl, unha curta de 25 minutos de duración que foi premiada como a mellor curtametraxe do ano no Festival Internacional de Cinema Erótico de Barcelona (FICEB 2005). En 2007 dirixiu Five Hot Stories for Her, unha compilación de cinco curtas coa que gañou o premio ao Mellor Guión no Festival de Cinema Erótico de Barcelona en 2007, Mellor Filme para Mulleres no E-Erotic Awards Line (Berlín, 2007), obtivo unha unha mención honrosa no Festival CineKink (Nova York, 2008) e recibiu o premio de Mellor Filme do Ano no Feminist Porn Awards, celebrado en Toronto en 2008. Nese ano, 2008, escribiu e dirixiu Barcelona Sex Project, un filme experimental independente adulto cun ollar máis atento para as vidas de tres homes e tres mulleres.
É tamén a autora do libro Good Porn: A Woman's Guide.