Saltar ao contido

Ernst Cassirer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErnst Cassirer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de maio de 1874 Editar o valor en Wikidata
Wrocław, Polonia Editar o valor en Wikidata
Morte13 de abril de 1945 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín
Universidade Philipps de Marburgo Editar o valor en Wikidata
Director de teseHermann Cohen (pt) Traducir e Paul Natorp (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Marburgo
Uppsala
Gotemburgo
Oxford
Berlín
Hamburgo
Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, profesor universitario, historiador da arte Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1886 Editar o valor en Wikidata - 1941 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Columbia (1944–1945)
Universidade Yale (1941–1944)
Universidade de Gotemburgo (1935–1941)
Universidade de Oxford (1933–1935)
Universidade de Hamburgo (1919–1933)
All Souls College (pt) Traducir
War Press Office (German Reich) (en) Traducir
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoMarburg School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoLeo Strauss (pt) Traducir e Helene Luise Ewald (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeToni Cassirer (1902–1945) Editar o valor en Wikidata
FillosHeinz Cassirer Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteHamburgische Biografie
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кассирер Эрнст)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1131559 Dialnet: 1715477 Find a Grave: 111737557 Editar o valor en Wikidata

Ernst Cassirer, nado en Breslau o 28 de xullo de 1874 e finado en Nova York o 13 de abril de 1945, foi un filósofo de orixe prusiana, cidadán sueco dende 1939. Exerceu a docencia na Universidade de Hamburgo. Aliñado na dirección neokantiana da escola de Marburgo, tratou os problemas gnoseolóxicos e epistemolóxicos no sentido do idealismo crítico.[1]

Foi coñecido pola súa obra Filosofía das formas simbólicas do campo da filosofía da cultura. Tamén realizou contribucións á epistemoloxía, á filosofía da ciencia e á historia da filosofía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cassirer naceu en Breslau, Silesia. Fillo do comerciante xudeu alemán Eduard Cassirer, pertencía a unha das xeracións máis brillantes do pensamento europeo. En 1892 comezou a estudar dereito, mais axiña pasou a estudar literatura alemá e filosofía na Universidade de Berlín. A partir de 1896 cambiouse á Universidade de Marburgo, onde se adscribiu ao neokantismo. En 1899 doutorouse baixo a tutela de Paul Natorp cun traballo sobre Descartes titulado Kritik der mathematischen und naturwissenschaftlichen Erkenntnis.

En 1902 casou coa súa prima Toni Bony, coa que tivo tres fillos. O seu traballo sobre o sistema de Leibniz foi premiado dúas veces, mais en moitas universidades non foi aceptado como Habilitation (máximo grao académico que se pode lograr en moitos países europeos). En 1906 alcanzou este grao en Berlín co seu estudo sobre o problema do coñecemento: Das Erkenntnisproblem in der Philosophie und Wissenschaft der neueren Zeit. Durante os seguintes trece anos foi profesor en Berlín e asentou as bases da súa teoría do coñecemento.

Tivo que exiliarse coa chegada ao poder de Hitler. Entre 1933 e 1935 traballou como profesor na universidade de Oxford, e entre 1935 e 1941 pasou á universidade de Göteborg en Suecia, aproveitando a neutralidade dese país na guerra. Mentres a guerra se desenvolvía, considerou con bo criterio que Suecia deixaba de ser un refuxio seguro, e exiliouse nos Estados Unidos. Foi rexeitado pola universidade Harvard, mais finalmente puido traballar en Yale entre 1941 e 1943, e na universidade de Columbia, en Nova York, dende 1943 ata o seu falecemento.

Filosofía

[editar | editar a fonte]

Colaborou na famosa edición kantiana a principios de século, cunha introdución que se converteu nunha referencia (Kant). Logo centrouse en dous momentos fundamentais da civilización europea, o Renacemento e a Ilustración, con dúas monografías que son clásicas, e colaborou co Instituto Warburg. Tivo unha polémica pública, en Davos, con Heidegger, aínda que a familia deste non deixou que se publicase a controversia. Para Cassirer, o home é un “animal simbólico” que emprega símbolos para configurar o mundo cultural. Neste sistema de símbolos é onde se manifesta o espírito humano expresándose na linguaxe, o mito, a relixión e a ciencia. En Cassirer a Crítica da razón (que xa realizara Kant) convértese nunha Crítica da cultura.

  • Leibniz' System in seinen wissenschaftlichen Grundlagen, 1902
  • Der kritische Idealismus und die Philosophie des "gesunden Menschenverstandes", 1906.
  • Das Erkenntnisproblem in der Philosophie und Wissenschaft der neueren Zeit. (1: 1906; 2: 1907; 3: Die nachkantischen Systeme, 1920; 4: Von Hegels Tod bis zur Gegenwart (1832–1932), 1957).
  • Substanzbegriff und Funktionsbegriff. Untersuchungen über die Grundfragen der Erkenntniskritik. 1910.
  • Freiheit und Form. Studien zur deutschen Geistesgeschichte, 1916.
  • Kants Leben und Lehre, 1918.
  • Zur Einstein'schen Relativitätstheorie. Erkenntnistheoretische Betrachtungen, 1921.
  • Idee und Gestalt. Goethe, Schiller, Hölderlin, Kleist, 1921
  • Philosophie der symbolischen Formen. (1. Die Sprache, 1923; 2. Das mythische Denken, 1925; 3. Phänomenologie der Erkenntnis, 1929).
  • Sprache und Mythos. Ein Beitrag zum Problem der Götternamen, 1925 (logo en: Wesen und Wirkung des Symbolbegriffs, Darmstadt, WBG, 1994).
  • Individuum und Kosmos in der Philosophie der Renaissance, 1927
  • Die Idee der republikanischen Verfassung, 1929. Discurso na Universidade.
  • Die Philosophie der Aufklärung, 1932.
  • Determinismus und Indeterminismus in der modernen Physik, 1937.
  • Axel Hägerström: Eine Studie zur Schwedischen Philosophie der Gegenwart, 1939.
  • Zur Logik der Kulturwissenschaften, 1942.
  • An Essay on Man, 1944. (Was ist der Mensch? Versuch einer Philosophie der menschlichen Kultur, 1960)
  • The Myth of the State, 1946. (Vom Mythus des Staates, 1949).
  • Symbol, Mythos and Culture. Essays and Lectures, 1935-1945, New Haven, Yale University, 1979
  1. Ferrater Mora, José: Diccionario de Filosofía ancestral de los años 1800 (2001) Editorial Atlante, México D.F, páx. 73

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • P. A. Schilpp, The Philosophy of Ernst Cassirer, Nova York, 1958, or. 1949.
  • John Michael Krois, Cassirer: Symbolic Forms and History, 1987.
  • L. Garagalza, Hermenéutica del lenguaje en E. Cassirer, Universidad de Deusto, 1989.
  • J. Seidengart (dir.), Ernst Cassirer, de Marbourg à New York. L'itinéraire philosophique, Le Cerf, 1990. Encuentro de 1988 en Nanterre.
  • Michael Friedman, A Parting of the Ways: Carnap, Cassirer, and Heidegger, 2000 excerpt and text search
  • William Schultz, Cassirer & Langer on Myth, 2000 excerpt and text search
  • Edward Skidelsky, Ernst Cassirer: The Last Philosopher of Culture, Princeton University Press, 2008 ISBN 978-0-691-13134-4. excerpt and text search
  • Jeffrey Andrew Barash, The Symbolic Construction of Reality: The Legacy of Ernst Cassirer, 2008 excerpt and text search
  • Peter Eli Gordon, Continental Divide: Heidegger, Cassirer, Davos, 2010.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]