Historia da filosofía
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A Historia da filosofía describe e interpreta o percorrer da filosofía occidental desde as súas orixes na Grecia do século VI a.C. ata a actualidade. Considérase que a constitución da historia da filosofía como disciplina autónoma e específica só acontece desde principios do século XIX. Antes deste momento existen diversas publicacións de carácter histórico e filosófico, pero non posúen o rigor e cientificidade propios dos grandes historiadores da filosofía.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Esta disciplina atópase nunha posición ambigua e intermedia entre a Historia e a Filosofía. Algúns autores, por exemplo Wilhelm Dilthey, consideran que non é máis que unha rama particular da Historia xeral. En consecuencia, sería unha ciencia histórica, tendo como función expoñer o máis fielmente posible o pensamento dos filósofos habidos ó longo do tempo, pero non sería Filosofía, isto é, unha actividade creadora e produtora de filosofía. O cultivador desta disciplina sería un historiador, pero non un filósofo. Así considerada, a Historia da Filosofía estaría exposta ós problemas típicos dunha disciplina histórica calquera: determinación das fontes, recolección e ordenación de datos, obxectividade expositiva etc. Outros autores, en cambio, consideran que a Filosofía é esencialmente Historia da Filosofía, isto é, ninguén pode crear filosofía se non entronca os seus pensamentos dentro da propia tradición filosófica dándolles continuidade e ó mesmo tempo transformándoos a través dun selo persoal. Nesta última concepción podería encaixar, por exemplo, Hegel. Para este último só a Historia da Filosofía que é tamén Filosofía merece ser considerada como tal. Desde esta perspectiva a Historia da Filosofía coincide coa Filosofía mesma, non sendo esta outra cousa que a acumulación do pensamento racional da humanidade. En toda época a Filosofía sería a súa historia, é dicir, Historia da Filosofía.
Guiado pola perspectiva de dar continuidade á Historia da Filosofía, o filósofo alemán do século XIX Wilhelm Windelband cría que a única maneira de acadalo consistiría en expoñer a historia dos problemas filosóficos (Problemsgeschicte), e non dos filósofos, posto que aqueles serían o único estable e permanente na historia do pensamento.
De todas as maneiras, a tendencia dominante na maioría dos actuais historiadores da filosofía é a concepción historicista, máis que a filosófica ou a Problemsgeschicte.
Períodos
[editar | editar a fonte]En canto á división das distintas etapas históricas polas que atravesa a filosofía, aínda que non hai pleno consenso en canto a cuestións de detalle, sóense establecer, a grandes trazos, catro períodos, entre os que non hai auténtica ruptura, senón máis ben cada período destes xorde como consecuencia de vicisitudes sociais que, no plano intelectual, prolongan e reformulan o pensamento de etapas anteriores. É así que se establece a seguinte división: Filosofía antiga (Grecia e Roma clásicas), Filosofía medieval (patrística e Escolástica)), Filosofía moderna (dende Descartes ata a morte de Hegel. Respecto deste período di Russell: está máis dominado pola ciencia que ningún anterior; as crenzas relixiosas tradicionais conservan a súa importancia, pero síntese a necesidade de xustificalas, e modificalas onde queira que a ciencia parece impor esta esixencia) e Filosofía contemporánea (dende as grandes reaccións contra o sistema hegeliano ata os nosos días). Así mesmo, é frecuente sinalar o Renacemento (S. XV e XVI) como período intermedio e transitorio entre o medievo e a modernidade.
En cada unha destas etapas domina, á súa vez, un determinado punto de vista filosófico que, en certa medida, xustifica a división: o problema da natureza (physis) nos antigos, a cuestión teolóxica (Deus) nos medievais, a Teoría do coñecemento nos modernos e, por último, a complexidade do panorama contemporáneo diversificado en temas de Antropoloxía, Filosofía da linguaxe, Filosofía da ciencia e Filosofía política.
Períodos da filosofía occidental
[editar | editar a fonte]Filosofía grega |
Filosofía presocrática: conxunto heteroxéneo de filósofos e escolas filosóficas gregas anteriores a Sócrates.
Filósofos pluralistas:
Filosofía antropolóxica: O home como preocupación básica (s. V a.C)
Filosofía globalizadora e sistemática: preocupación por todos os temas filosóficos, pola realidade no seu conxunto (s. IV a.C). Filosofía clásica: filosofía correspondente ao chamado Século de Pericles, momento no que esta disciplina chega ao seu máximo apoxeo no mundo grego. Sócrates, Platón (realista e fundador da Academia) e Aristóteles (fundador do Liceo). Filosofía helenística: Tamén chamada alexandrina ou postaristotélica. Tratase da filosofía que florece durante o período helenístico. Preocupación polos temas morais, pescuda da maneira de ser feliz (finais do (s. IV a.C) ao (II a.C) Académicos: continuadores da Academia platónica. Peripatéticos continuadores do Liceo aristotélico: Teofrasto | Estratón de Lampsaco | Aristoxeno | Satiro Estoicismo: a virtude como ben supremo; a apatía. (Antiga e media Estoa): Zenón de Citio | Cleantes | Crisipo Epicureísmo: hedonismo, Epicuro (fundador do epicureísmo no Xardín e tamén atomista) Escépticos: Pirrón de Elis | Sexto Empírico Cínicos: Dióxenes de Sinope | Crates de Tebas | Hiparquía Megarenses ou megáricos: Cirenaicos: Aristipo de Cirene Helenismo xudeu: Filón de Alexandría (Vida contemplativa) Neoplatonismo: Amonio Saccas | Plotino | Porfirio | Jámblico | Edesio de Capadocia | Plutarco de Atenas | Proclo | Damascio | Simplicio de Cilicia | Hipatia |
Filosofía romana |
Entre os romanos estaban moi difundidas as ideas do estoicismo, o epicureísmo e dos académicos. De feito, moitos pensadores deste período eran máis ben eclécticos. Neste sentido, o caso paradigmático é Cicerón.
Estoicos (nova ou tardía Estoa): Séneca | Marco Aurelio | Epicteto | Cicerón |
Filosofía medieval |
Na medida en que o pensamento medieval estaba dominado por la fe cristiá, a filosofía perde a súa antiga autonomía e devén ancilla Theologiae, vale dicir, pasa a estar subordinada á teoloxía.
Patrística: Xustino Mártir | Clemente de Alexandría | Oríxenes | San Ireneo | Santo Agostiño | Tertuliano | Lactancio | Atanasio de Alexandría | Gregorio de Nisa | Basilio o Grande | Gregorio Nacianceno Filosofía non cristiá: Alfarabi | Avicena | Avempace | Ibn Tufayl | Averroes | Maimónides | Abenarabi Escolástica: Escoto Eríxena | Santo Anselmo | Pseudo Dionisio Aeropagita | Duns Scoto | Tomé de Aquino | San Boaventura | Guillerme de Ockham | Francisco Suárez | Nicolás de Cusa |
Filosofía renacentista |
Petrarca | Lorenzo Valla | Coluccio Salutati | Leonardo Bruni | Leon Battista Alberti | Erasmo de Rotterdam | Michel de Montaigne | Marsilio Ficino | Pico della Mirandola | Tomás Moro | Tomás Campanella | Francis Bacon | Giordano Bruno | Galileo Galilei |
Filosofía moderna |
As características fundamentais da filosofía da Idade Moderna foron unha renovada confianza do home nas súas facultades racionais, e unha progresiva secularización da cultura, o que significa unha cada vez menor importancia da condición relixiosa en favor da condición laica.
Filosofía política: Nicolás Maquiavelo | Jean Bodin | Thomas Hobbes | Montaigne Racionalismo: Descartes | Spinoza | Leibniz | Pascal Ilustración: Voltaire | Montesquieu | Rousseau Idealismo: Berkeley | Kant | Fichte | Schelling | Hegel | Schopenhauer |
Filosofía contemporánea |
Irracionalismo: Kierkegaard | Schopenhauer Materialismo histórico: Marx | Materialismo dialéctico: Engels Vitalismo: Bergson | Nietzsche | José Ortega y Gasset | Dilthey Pragmatismo: William James | Dewey Filosofía analítica: Russell | Carnap | Wittgenstein | Moore | Kripke | Nagel | Davidson | Putnam | Ryle | Austin | Strawson | Searle | Círculo de Viena | Escola de Berlín Fenomenoloxía (en sentido moi amplo): Husserl | Merleau-Ponty | Scheler | Heidegger | José Ortega y Gasset | Xavier Zubiri Existencialismo e filosofía da existencia :
Escola de Frankfurt: Horkheimer | Adorno | Walter Benjamin | Marcuse | Habermas Hermenéutica: Gadamer | Ricoeur Filosofía da ciencia: Popper | Kuhn | Feyerabend | Lakatos Filosofía neoaristotélica: Neotomismo | obxectivismo| Antonio Rosmini | Jacques Maritain Tradición Marxista: Lenin | Gramsci | Althusser | Karl Korsch | Lukács | Bloch Filosofía posmoderna: | Deleuze | Derrida| (deconstruccionista) | Foucault | Cioran | Lyotard | Rorty | Vattimo |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Menciónanse aquí só algunhas das historias xerais da filosofía de maior difusión ou prestixio:
- Abbagnano, N.: Storia della Filosofía, 1946-1955, 3 vol.
- Aróstegui, A.: Esquemas para una Historia de la Filosofía occidental, 1953
- Bréhier, E.: Histoire de la Philosophie, 1926-1932, 2 vol.
- Copleston, F.: A history of Philosophy, 1963-1968, 8 vol.
- Fraile, G/ Urdánoz, T.: Historia de la filosofía, 1966-1991, 6 Vol.
- Geymonat, L.: Storia del pensiero filosofico e scientifico, 1970, 7 vol.
- González Álvarez, A.: Manual de historia de la filosofía, 1964 (3ª edic.)
- Hegel, G. W. F.: Vorlesungen der über die Geschichte der Philosophie (Leccións sobre a historia da filosofía), 1833, ed. de Karl Ludwing Michelet .
- Hirschberger , J.: Geschichte der Philosophie (Historia da filosofía), 1949, 2 vol.
- Felipe Martínez Marzoa.: Historia de la filosofía, 1973, 2 vols.
- Russell, B.: History of the Western Philosophy (Historia da filosofía occidental), 1945
- Ueberweg, F.: Grundiss der Geschichte der Philosophie (Compendio de historia da filosofía), 1863-1866 (reelaborado posteriormente por varios autores ata incluír a primeira metade do século XX), 7 vol.
- Windelband-Heimsoeth, Lehrbuch der Geschichte der Philosophie (Libro de historia da filosofía), 1892,1935, 1957.
- Worländer, K., Geschichte der Philosophie, 1903, 2 vol.