Saltar ao contido

Jean-François Lyotard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean-François Lyotard

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1924 Editar o valor en Wikidata
Versalles, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte21 de abril de 1998 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
15º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteleucemia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 6 48°51′31″N 2°23′37″L / 48.858729, 2.393517
Grave of Jean-François Lyotard (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónLiceo Louis-le-Grand
Universidade de París
Universidade de Paris X - Nanterre (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseMikel Dufrenne (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstética, psicanálise, Ética e política Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, sociólogo, teórico literario, profesor universitario, crítico literario, epistemólogo, escritor, lingüista, filólogo, mestre Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de París 8, profesor universitario (1972–1987)
Universidade París I Panthéon-Sorbonne, docente (1970–1972)
Universidade de Paris X - Nanterre (pt) Traducir (1967–1970)
Universidade de París, adjunct professor (en) Traducir (1959–1967)
Prytanée National Militaire (pt) Traducir, catedrático (1952–1956)
Universidade da Califórnia em Irvine (pt) Traducir
Universidade Emory Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Pseudónimo literarioFrançois Laborde Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoPhilippe Mengue (en) Traducir e Jean-Louis Déotte (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
FillosCorinne Enaudeau Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1108074 Dialnet: 20827 Musicbrainz: ac86e832-b491-48fd-9649-58e16c8cc2e5 Discogs: 2669169 Find a Grave: 44171154 Editar o valor en Wikidata

Jean-François Lyotard, nado en Versalles o 10 de agosto de 1924 e finado en París o 21 de abril de 1998, foi un filósofo posmoderno coñecido especialmente pola súa orixinal filosofía do desexo e por propoñer unha política favorable ás minorías e un horizonte que conduciría a refutar calquera forma de terror e totalitarismo, así como pola súa análise sobre o impacto do posmodernismo na condición humana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Casou en maio de 1948. Estudou na escola primaria “Lycée Buffon” de París, e despois da súa graduación, en 1950, marchou a Constantina (no leste de Alxeria, por entón ocupada por Francia) para traballar como profesor de filosofía. En 1954 fíxose membro de Socialismo ou barbarie, organización política formada en 1948 ante a insuficiencia da análise trotskista para explicar as novas formas de dominación na Unión Soviética. Os seus escritos deste período preocúpanse sobre todo pola política de extrema esquerda, enfocándose na situación alxeriana da que foi testemuña cos seus propios ollos mentres ensinaba filosofía en Constantine.

Comezou a dar clase na universidade de París VIII (Vincennes) dende a década dos setenta ata que chegou a profesor emérito no 1987. Tamén foi director fundador e membro do concilio do Colexio Internacional de Filosofía, en París. Antes da súa morte pasaba o seu tempo entre París e Atlanta, onde ensinaba Francés e Filosofía na universidade de Emory.

En 1998, morreu de improviso dun caso de leucemia que avanzara rapidamente mentres se preparaba para unha conferencia sobre o posmodernismo e a Teoría dos medios de comunicación. Foi enterrado no cemiterio Le Père Lachaise, en París.

Filosofía posmoderna

[editar | editar a fonte]

Lyotard foi un filósofo posmoderno. O pensamento deste grupo de filósofos, baseabase xusto no contrario có modernismo. Así, podemos dicir que para comprender o posmodernismo é preciso ter polo menos unha pequena idea do que é o modernismo.

Nas sociedades premodernas, a función de proporcionar unha certa cohesion e unidade imaxinaria á sociedade, era obra de discursos de natureza mítica (lendas) e relixiosa (narracións relixiosas). A partir da modernidade, a función lexitimadora corresponderalle a unha determinada idea de razón unitaria e totalizadora. Porén, nas sociedades posmodernas producese un tipo de transformacións que fan que esta idea de razón xa non poida ser mantida por máis tempo.

Os posmodernos pertencen á xeración da desilusión con respecto aos grandes mitos da modernidade. A achega do pensamento posmoderno reside máis ben nas súas críticas que nas elaboracións propias. Móstrase unha certa perda de confianza na razón e no discurso conceptualizador, así como desilusión sobre ao esaxerado optimismo ilustrado, racionalista; propoñen unha nova humildade que adquire a forma de "pensamiento débil" ou "canso", "deconstrución", "xogos lingüísticos" ou refutamento de calquera tipo de metanarrativa. Como alternativa á globalización propoñen a diferenza ou a descontinuidade.

Tamén este grupo promoveu un abandono da metafísica, centrándose na posmetafísica[1]. Para eles, unha vez sexa constatada a inutilidade e absurdidade do esforzo filosófico, non queda outra opción que deixar esa vía morta. As "grandes descricións" da realidade non son verdadeiramente explicativas nin iluminan a existencia, senón todo o contrario. Consideran que é preciso darse conta de que a temática filosófica non pode entenderse nin explicarse con éxito e que os seus labirintos conceptuais non teñen saída.

Cabe resaltar dous puntos principais da filosofía de Lyotard, relaccionados, ámbolos dous, coa ciencia. En primeiro lugar, para Lyotard, a ciencia non ten autoridade para dicirnos o que se debe facer, posto que os criterios científicos deixaron de ter a validez suficiente para lexitimar a propia ciencia, co que deixa de contribuír ao desenvolvemento humano. O segundo punto podería resumirse coa frase "coñecemento é poder". A investigación científica xamais é inocente e pura, senón que sempre está estreitamente ligada á vontade de dominio e aos medios materiais. O máis poderoso sempre ten a razón.

En canto á súa mentalidade política, é preciso dicir que foi marxista ata os 50 anos, momento no cal comezou a criticar o totalitarismo promovido por esta ideoloxía.

  • La Phénoménologie (1954)
  • Économie libidinale (1974)
  • La Condition postmoderne: rapport sur le savoir (1979), onde examina os cambios que teñen lugar no campo do saber na era postindustrial; pode considerarse unha obra epistemolóxica ou de socioloxía da cultura.
  • Le Différend (1983), no que refuta as explicacións universais.
  • L'inhumain: Causeries sur le temps (1988)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para post-.