Sexto Empírico
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (grc) Σέξτος ὁ Ἐμπειρικός ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. século II ![]() |
Morte | c. século III ![]() Alexandría ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía ![]() |
Ocupación | médico , médico escritor , filósofo , escritor ![]() |
Período de tempo | Imperio Romano ![]() |
Movemento | Pirronismo (pt) ![]() ![]() |
Profesores | Herodotus of Tarsus (en) ![]() ![]() |
Alumnos | Saturninus (en) ![]() ![]() |
Lingua | Grego antigo ![]() |
![]() |
Sexto Empírico (ca. 160 - ca. 210), médico e filósofo grego, un dos máis importantes representantes do escepticismo e fonte da maioría dos datos referidos a esta corrente filosófica.
Biografía[editar | editar a fonte]
Ignórase a súa orixe, inda que si se sabe que residiu en Atenas, Alexandría e Roma. O seu alcume non provén das súas concepcións filosóficas mais, esencialmente, pola súa práctica médica. Este feito contrasta, curiosamente, coa orientación totalmente escéptica que adoptou na súa obra filosófica.
Obra filosófica[editar | editar a fonte]
Os seus escritos, moi influenciados polos de Pirrón de Élide e Enesidemo, cuestionan a pretensión dogmática de alcanzar a verdade absoluta, tanto na moral coma nas ciencias.
Conservamos Esbozos pirrónicos e Contra os matemáticos, tamén chamada Contra os profesores (Adversus mathematicos, hoc est, adversus eos qui profitentur disciplinas), tradicionalmente dividida en dúas partes: Adversus mathematicos -tamén-, libros I-VI, e Adversus dogmaticos, libros VII-XI (inda que existen dúbidas sobre se son unha mesma obra ou obras diferentes ou se están completas).
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/92/Sexti_Empirici_Adversus_mathematicos.djvu/page1-220px-Sexti_Empirici_Adversus_mathematicos.djvu.jpg)
En Esbozos pirrónicos (Πυῤῥώνειοι ὑποτύπωσεις, Pyrrhōneioi hypotypōseis) define escepticismo como "a facultade de opor os fenómenos e os nóumenos de todos os xeitos posibles e de aí, a causa do equilibrio das cousas e das razóns opostas (isostenía) chegamos primeiro á suspensión do xuízo (epoché) e logo á indiferenza (''ataraxia'')".
En Contra os profesores ataca a outros profesionais doutras ciencias: oradores, gramáticos, xeómetras, aritméticos, astrónomos e músicos. En Contra os dogmáticos rebate a lóxicos, físicos e moralistas. No último libro, contra os éticos, discute que exista unha ciencia do bo vivir ou dun sentido final para a vida humana.
Nega calquera "criterio de verdade", nega calquera certeza sobre que é o ben e que é o mal, e tamén que exista unha "arte de saber vivir" ou "saber morrer". Todo é relativo e opinable.
A importancia da súa obra reside en ser fonte de información sobre o pensamento antigo. Concretamente, Adversus mathematicos informa sobre a historia da astronomía, a gramática, a ciencia ou a teoloxía estoica na Antigüidade.
Máis que un autor orixinal é un erudito que recolle e analiza citas de pensadores anteriores. Non posúe un estilo brillante; incluso a aglomeración de argumentos que usa para demostrar que todos os que afirman algo en serio son uns ilusos pode resultar pesada.
Influencia posterior[editar | editar a fonte]
Henricus Stephanus publicou en 1526 unha tradución latina dos Esbozos e en 1569 Gentian Hervet publicou unha tradución da obra completa. O texto grego foi publicado por primeira vez por Petrus e Jacobus Chouet en 1621.
Os Esbozos influíron en autores coma Montaigne, Hume ou Hegel.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Carlos García Gual. "Contra dogmáticos y pedantes" (El País - Babelia, 2 de xuño de 2012).