Saltar ao contido

Karl Jaspers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKarl Jaspers

(1946) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Karl Theodor Jaspers Editar o valor en Wikidata
23 de febreiro de 1883 Editar o valor en Wikidata
Oldenburg (Imperio Alemán) Editar o valor en Wikidata
Morte26 de febreiro de 1969 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Basilea, Suíza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFriedhof am Hörnli (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Heidelberg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Heidelberg Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, profesor universitario, escritor, teólogo, psiquiatra, médico, psicólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Heidelberg Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresFranz Nissl Editar o valor en Wikidata
AlumnosHannah Arendt e Hermine Speier Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoJacob Marschak Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeGertrud Jaspers Editar o valor en Wikidata
IrmánsErna Margarete Dugend Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ясперс Карл)
Heidelberg Scholar Lexicon 1803–1932 (en) Traducir, (p.125-126) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1747664 BNE: XX1147422 Dialnet: 3232608 iTunes: 300618275 Musicbrainz: 690f33ac-f4ff-4a78-abfc-15c67849f6ee Discogs: 2796994 WikiTree: Jaspers-101 Find a Grave: 91235370 Editar o valor en Wikidata

Karl Theodor Jaspers, nado o 23 de febreiro de 1883 e finado o 26 de febreiro de 1969, foi un psiquiatra alemán e filósofo, tivo unha forte influencia na teoloxía, na psiquiatría e na filosofía modernas. En 1959 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Jaspers naceu en Oldenburg, Alemaña en 1883, de pai xurista e nai pertencente a unha comunidade agrícola local. Mostrou un cedo interese pola filosofía, pero a experiencia do seu pai no sistema legal indubidablemente influíu na súa decisión de estudar leis na Universidade. Non foi necesario que transcorrese moito tempo antes de que Jaspers se dese conta de que non gozaba do estudo de leis, e é así como en 1902 decidiu estudar medicina.

Jaspers graduouse na escola de medicina en 1909, e comezou a traballar no hospital psiquiátrico de Heidelberg onde Emil Kraepelin traballara anos antes. Jaspers mostrouse insatisfeito coa forma en que a comunidade médica da época abordaba o tema do estudo das doenzas mentais, e se propuxo a meta de mellorar este aspecto. En 1913 Jaspers ocupou un posto temporal como profesor de psicoloxía na Universidade de Heidelberg. O posto logo fíxose permanente, e Jaspers nunca regresou á práctica clínica.

Á idade de 40, Jaspers regresou da psicoloxía á filosofía, profundando en temas que desenvolvera nos seus traballos psiquiátricos. Chegou a converterse nun recoñecido filósofo, tanto en Alemaña como no resto de Europa. En 1948 trasladouse á Universidade de Basilea en Suíza, onde mantivo o seu posto de prominencia na filosofía ata a súa morte, ocorrida en Basilea en 1969.

Contribucións á Psiquiatría

[editar | editar a fonte]

A insatisfacción de Jaspers co entendemento popular das doenzas mentais levouno a cuestionar tanto o criterio de diagnóstico como os métodos clínicos da psiquiatría. Publicou un tratado revolucionario en 1910, que versaba sobre se a paranoia era unha faceta da personalidade ou o resultado de cambios biolóxicos. Se ben non achegou moitas ideas novas, si introduciu un novo método de estudo. Jaspers estudou varios pacientes en detalle, rexistrando información biográfica respecto deles e notas de como se sentían os propios pacientes acerca dos seus [síntomas. Isto chegou a ser coñecido como o método biográfico, e hoxe forma parte da práctica da psiquiatría moderna.

Jaspers desenvolveu por escrito as súas perspectivas das doenzas mentais nun libro chamado Psicopatoloxía Xeral. Os dous volumes que conforman esta obra transformáronse en clásicos da literatura psiquiátrica, e moitos criterios modernos de diagnóstico nacen de ideas contidas nas súas páxinas. Resulta de particular importancia o modo en que Jaspers encarou o diagnóstico psiquiátrico de síntomas; segundo el, o criterio de diagnóstico debía tomar en conta principalmente a forma fronte o contido. Por exemplo, ao diagnosticar unha alucinación, o feito que unha persoa experimente fenómenos visuais sen mediar estímulo sensorial para iso (a forma), é máis importante que o que o paciente ve (o contido).

Jaspers sentía que a psiquiatría debía diagnosticar os delirios da mesma forma. Argumentou que os clínicos non deberían considerar unha crenza de delirio baseado no contido da crenza, senón só baseado na maneira en que o paciente defende esa crenza. Jaspers ademais distinguiu entre os delirios primarios e secundarios. Definiu os primarios como autóctonos, é dicir, que aparecen sen unha causa aparente, sendo incomprensibles en termos dun proceso mental normal (este é un uso distinto do que se lle dá ao concepto autóctono en medicina ou en socioloxía, no que fai referencia a poboacións indíxenas). Os delirios secundarios, por outra parte, son clasificados como influenciados polos antecedentes da persoa, situación actual ou estado mental.

Jaspers consideraba os delirios primarios como 'in-inentendibles', xa que cría que non existía razoamento]coherente detrás da súa formación. Esta apreciación causou bastante controversia, e foi criticada por Ronald D. Laing e Richard Bentall, facendo énfase en que ao tomar esa posición pódese facer que os terapeutas caian na compracencia de supoñer que, xa que non serán capaces de entender ao paciente, o paciente está delirante e calquera investigación posterior que se faga non terá ningún efecto.

Contribucións á Filosofía e a Teoloxía

[editar | editar a fonte]

A maioría dos comentaristas asocian a Jaspers coa filosofía do existencialismo, en parte porque se basea amplamente nas raíces do existencialismo de Kierkegaard, e porque o tema da liberdade individual é unha constante na súa obra.

En Filosofía (3 vols, 1932), Jaspers da a súa visión da historia da filosofía e introduce os seus temas máis importantes. Comezando pola ciencia moderna e o empirismo, Jaspers sinala que ao cuestionar a realidade enfrontamos os límites que un método científico (ou empírico) simplemente non pode traspasar. Neste punto, o individuo enfronta opcións: afundirse na resignación ou dar un chouto ao que Jaspers chama a 'Transcendencia'. Ao dar este paso, os individuos confrontan a súa propia liberdade ilimitada, que Jaspers chama Existenz, e poden finalmente experimentar a auténtica existencia.

A Transcendencia é, para Jaspers, o que existe máis alá do mundo do tempo e o espazo. A formulación de Jaspers da Transcendencia como a expresión máxima da non-obxectividade levou a moitos filósofos a argumentar que Jaspers transformouse en monista, aínda que o mesmo Jaspers continuamente salientou a necesidade de recoñecer tanto os conceptos de subxectividade como obxectividade.

Aínda cando el rexeitou doutrinas relixiosas explícitas, incluída a noción dun Deus persoal, Jaspers influenciou á teoloxía moderna a través da súa filosofía da transcendencia e os límites da experiencia humana. As tradicións do Cristianismo místico influenciaron a Jaspers de forma considerable, particularmente Meister Eckhart e Nicolás de Cusa. Tamén mostrou interese activo nas relixións de Oriente, particularmente polo budismo. Jaspers tamén entrou en debates públicos con Rudolf Bultmann, nos que Jaspers criticou a "demitoloxización" do cristianismo.

Jaspers tamén escribiu extensamente sobre a ameaza que representa para a liberdade humana a ciencia moderna e as institucións políticas e económicas modernas. Durante a segunda guerra mundial tivo que deixar o seu posto de profesor xa que a súa esposa era xudía. Unha vez rematada a guerra puido retomar o seu posto, e na súa obra Die Schuldfrage examinou a culpabilidade de Alemaña como un todo nas atrocidades cometidas polo Terceiro Reich de Adolf Hitler.

As obras máis importantes de Jaspers, extensas e detalladas, poden ser desalentadoras pola súa complexidade. O seu gran e último intento nunha filosofía sistemática de Existenz, chamada "Von der Wahrheit" (Da verdade), aínda non foi traducida a outros idiomas. Porén, tamén escribiu obras máis breves, accesibles e entretidas, como a notable A filosofía é para calquera.

Os comentaristas frecuentemente comparan a filosofía de Jaspers coa do seu contemporáneo Martin Heidegger. De feito, ambos buscaron explorar o significado do ser e a existencia. Se ben é certo que mantiveron unha breve amizade, a súa relación foise distanciando, debido á simpatía de Heidegger co partido nacionalsocialista e, ademais polas, probablemente sobredimensionadas, diferenzas filosóficas entre ambos.

Os dous máis importantes defensores da hermenéutica fenomenolóxica, Paul Ricoeur (un discípulo de Jaspers) e Hans-Georg Gadamer (discípulo de Heidegger e sucesor de Jaspers en Heidelberg) evidenciaron a influencia de Jaspers nos seus traballos.

Outro traballo importante apareceu en Existenzphilosophie (1938). Para Jaspers, o termo "existencia" (Existenz) denominaba a experiencia indefinible de liberdade e posibilidade; unha experiencia que constitúe o auténtico ser dos individuos que son conscientes das "situacións límite" ao afrontar experiencias como o sufrimento, os conflitos, a culpa, o azar e a morte.

[2]

  • (1913) Allgemeine psychopathologie,
  • (1919) Psychologie der Weltanschauungen
  • (1922) Strindberg und van Gogh
  • (1931) Die geistige Situation der Zeit
  • (1935) Vernunft und Existenz
  • (1937) Nietzsche
  • (1937) Descartes und die Philosophie
  • (1938) Existenzphilosophie
  • (1946) Nietzsche und das Christentum
  • (1946) Die Schuldfrage
  • (1947) Von der Wahrheit
  • (1947) Vom europäischen Geist
  • (1947) Vernunft und Existenz
  • (1948) Der philosophische Glaube angesichts der Offenbarung
  • (1949) Vom Ursprung und Ziel der Geschichte
  • (1949) Philosophie und Wissenschaft
  • (1950) Vernunft und Widervernunft in unserer Zeit
  • (1950) Einführung in die Philosophie
  • (1950) Dialektik des Nichtwissens
  • (1951) Rechenschaft und Ausblick
  • (1952) Über das Tragische
  • (1953) Verführtes Denken
  • (1955) Wesen und Kritik der Psychotherapie
  • (1957). Die Atombombe und die Zukunft des Menschen
  • (1957). Die grossen Philosophen.
  • (1958) Wahrheit, Freiheit und Friede
  • (1958) Philosophie und Welt
  • (1960) Vernunft und Freiheit
  • (1960). Freiheit und Wiedervereinigung
  • (1962) Über Bedingungen und Möglichkeiten eines neuen Humanismus
  • (1963) Lebensfragen der deutschen Politik
  • (1963) Werden wir richtig informiert?
  • (1964) Die massgebenden Menschen
  • (1965) Wahrheit und Leben
  • (1965) Kleine Schule des philosophischen Denkens
  • (1965) Hoffnung und Sorge
  • (1966). Wohin treibt die Bundesrepublik?
  • (1967). Schicksal und Wille.
  • (1970) Chiffren der Transzendenz
  • (1971). Zur Kritik der bürgerlichen Ideologie
  • (1972). Aspekte der Bundesrepublik
  • (1973) Vernunft und Existenz
  • (1978). Notizen zu Martin Heidegger
  • (1986). Der Arzt im technischen Zeitalter
  1. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  2. "Katalog". DNB (en alemán). Consultado o 10 abril 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]