Es Freus
Tipo | estreito | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | provincia de Baleares, España | |||
| ||||
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Es Freus é o estreito que separa as illas de Eivissa e Formentera, no arquipélago balear, constituído por varios pasos separados por illotes. A distancia total, entre a punta meridional de Eivissa e a illa de s'Espalmador, é de 6,3 km. É o paso obrigado entre o porto de Eivissa e o de La Savina, en Formentera, e de Eivissa cara a poñente. O nome procede do latín fretu, que significa "estreito". Antigamente, e de certo uso entre os habitantes de Formentera, chamábase ses Portes. Toda a zona forma parte da reserva mariña do Parque Natural de ses Salines. Trátase dunha zona desprotexida dos ventos, con pouca profundidade e con correntes de irregular dirección e intensidade. Os grandes temporais, especialmente de poñente e gregal, converten Es Freus nun paso de navegación difícil e motiva a incomunicación de Formentera nalgunhas épocas do ano. Ao longo da historia producíronse varios naufraxios.
Os pasos que forman Es Freu son:
- Es Freu de ses Portes: separa a Punta de Ses Portes, en Eivissa, da illa d'en Caragoler.
- Es Freu Petit: separa a illa d'en Caragoler da illa des Penjats e as illas Negres.
- Es Freu Gros: separa a illa des Penjats e as illas Negres da illa des Porcs.
- Es Freu des Faro: separa a illa des Porcs da illa de S'Espalmador.
- Es Pas: separa S'Espalmador da Punta des Trucadors, en Formentera.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]