Parque Natural de ses Salines
O Parque Natural de ses Salines é un espazo natural protexido das Illas Baleares, proclamado por lei do Parlament Balear desde 2001.
O territorio que comprende o parque natural é dunhas 2.838 hectáreas das antigas salinas de Eivisa, en Sant Josep de sa Talaia, e das salinas de Formentera, máis 13.000 hectáreas mariñas de Es Freus, o estreito que separa as dúas illas. Inclúe practicamente unha representación de tódolos ecosistemas que se atopan na illa de Eivisa, especialmente das marismas. Dentro da fauna destaca a ornitolóxica, en concreto os flamengos habitan no parque todo o ano.
Anteriormente á declaración como Parque Natural contaba coas seguintes figuras xurídicas de protección medioambiental:
- Zona de especial protección para as aves (ZEPA)
- Reserva natural desde 1995
- Área Natural de Especial Interese (ANEI) da Lei de Espazos Naturais do Goberno Balear
- Zona húmida dentro do convenio RAMSAR
- Patrimonio da Humanidade da Unesco (desde 1999)[1]
- Rede Natura 2000 da Unión Europea.
Durante máis de trinta anos houbo polémicas, a nivel cívico e político, entre os intereses turísticos urbanizadores da zona e os de protección medioambiental.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ibiza, Biodiversity and Culture" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 20-02-2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Natural de ses Salines |
- Parque Natural de ses Salines Arquivado 10 de marzo de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
- Explicación do parque e historia reivindicativa (en castelán)
- Visita ao Parque Natural, PDF 49KB (en catalán)
- O Parque na UNESCO (en inglés)