Eschen
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Liechtenstein ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.459 (2019) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua alemá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 10,33 km² ![]() | ||||
Altitude | 453 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Günther Kranz (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 9492 ![]() | ||||
Prefixo telefónico | 7007 ![]() | ||||
ISO 3166-2 | LI-02 ![]() | ||||
Sitio web | eschen.li ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() |
Eschen é un concello situado no norte do principado de Liechtenstein. Contaba en 2010 cunha poboación de 4.215 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita de suroeste a norte co municipio de Gamprin, ao nordés con Schellenberg, ao leste con Mauren, ao sueste con Frastanz (Austria), Planken e o exclave de Gamprin, e ao sur con Schaan.
O municipio posúe ademais o exclave de Nendeln, grazas ao cal limita tamén cun exclave do municipio de Vaduz, así como coas comunas suízas de Sennwald e Buchs.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Sportpark Eschen-Mauren, estadio do USV Eschen/Mauren.
- Igrexa de San Martín.
- Balneario de Eschen.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/23/Pfarrkirche_St._MartinEschen.jpg/200px-Pfarrkirche_St._MartinEschen.jpg)
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Eschen é famosa pola venda das súas bicicletas, xa que son as máis baratas de todo o país. Para chegar á cidade, é necesario ir en autobús ou en coche, aínda que o transporte ferroviario tamén está moi frecuentado polos aldeáns. A estación de ferrocarril máis próxima está en Ruggell, ao norte do principado.
Deportes
[editar | editar a fonte]Destaca en Eschen o seu equipo de fútbol, o USV Eschen/Mauren, con sede nas dúas cidades. Ademais do fútbol, destaca o hóckey, a patinaxe sobre xeo, a natación, o balonmán, o esquí e carreiras de zorras, entre outras disciplinas deportivas tanto de verán como de inverno.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eschen |