Escribidor da Laponia
Escribidor da Laponia Calcarius lapponicus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Calcarius lapponicus (Linnaeus, 1758) |
O escribidor da Laponia[2] (Calcarius lapponicus) é unha ave típica do extremo norte europeo e visitante esporádica do Centro e Sur de Europa.
Morfoloxía e hábitos
[editar | editar a fonte]É unha especie que presenta dimorfismo sexual. O macho ten a cabeza e gorxa negras, unha franxa ocular branca e a caluga vermella. O pico é amarelo. O resto do corpo é negro combinado con branco. A femia é de cor parda con manchas claras. Os individuos teñen unha lonxitude aproximada de 15 cm e un peso de 24 gramos.
Habita na tundra, especializándose nas zonas chás e nas montañas. No inverno acostuma desprazarse ó litoral ou a pantanos. Aliméntase de insectos e sementes.
Reprodución
[editar | editar a fonte]A cría realízase nos meses de maio e xuño. No niño, xeralmente localizado no chan, faise a posta de 4-5 ovos. O tempo de incubación é 13-14 días e a permanencia no niño dos polos é de 10-12 días.
Distribución
[editar | editar a fonte]Durante a cría esténdese polo interior e norte da Península Escandinava e tamén pola costa ártica de Rusia. O resto do ano amplía a súa zona de distribución ó Mar do Norte, ó Mar Báltico, á costa norte do Mar Negro e ó sueste de Rusia. No resto de Europa é máis infrecuente e irregular.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Calcarius lapponicus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escribidor da Laponia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
- Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega (en castelán)
- Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)
Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |