Escribidor rústico
Escribidor rústico | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Área de distribución de E. rustica Reprodutores De paso Non reprodutores
|
O escibidor rústico[2] (Emberiza rustica) é unha ave paseriforme da familia Emberizidae, un grupo que asgora está separdo dos Fringillidae segundo os autores máis modernos. O nome do xénero Emberiza procede do alemán antigo Embritz, un escribidor. O nome específico rustica vén do latín, "rústico, simple".[3]
Reprodúcese no Paleártico norte. é unha ave migratoria, que pasa o inverno no sueste asiático, Xapón, Corea, e leste da China. É unha ave vagante rara no oeste de Europa.
Reprodúcese en bosques húmidos de coníferas. Poñen de catro a seis ovos nun niño construído nun arbusto ou no chan. O seu alimento natural son as sementes e, cando son novos, insectos.
Esta ave é similar en tamaño ao escribidor das canaveiras. A súa parte ventral é branca cos flancos avermellados, patas rosas e unha mandíbula inferior rosa. O macho no verán ten cabeza negra con gorxa e supercilio brancos e unha banda pectoral avermellada.
A femia ten un dorso marrón moi manchado e face marrón con supercilio branco. Lembra a femia do escribidor das canaveiras, pero ten manchas no flanco avermelladas, unha caluga castaña e unha mandíbula rosa en vez de gris.
A súa chamada é un distintivo zit, e a canción é un melancólico delí-delú-delí.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2016). "Emberiza rustica" 2016: e.T22720960A89641304. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T22720960A89641304.en.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. pp. 145, 344. ISBN 978-1-4081-2501-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Escribidor rústico |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escribidor rústico |
- OBC 11 fotografías (ver menú despregable na parte inferior da páxina)