Saltar ao contido

Escudo de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Escocia
Versións

Escudo de Xacobe VI dende 1603 como Rei de Gran Bretaña, Francia e Irlanda.
Detalles
ArmigerXacobe VI, Rei dos escoceses, derradeiro armiger da versión pre-1603
AdoptadoBaixa Idade Media
DivisaIn My Defens God Me Defend (abbr. In Defens)
OrdesOrde do Cardo

O Escudo de Escocia foi un símbolo oficial do Rei dos Esoceses dende a súa adopción no século XII até o fin do reino de Escocia en 1707. Segue a ser amplamente empregado hoxe en día como símbolo de Escocia, ademais de formar parte das armas reais de Isabel II xunto cos escudos de Inglaterra e Irlanda.

Características

[editar | editar a fonte]

No Escudo de armas de Escocia figuran nun campo de ouro, un león rampante de goles, linguado, unllado e armado de azur; e unha orla dobre decorada con flores de lis de goles.

Escudo de Escocia.

As armas escocesas teñen un precedente documentado xa no século XII, durante o reinado de Guillerme I de Escocia. O escudo escocés foi empregado polos seus monarcas ata 1603, data na que se produciu a unión dinástica con Inglatera con Xaime VI (I de Ingaterra) e as armas escocesas comezaron a aparecer xunto ás inglesas.

Antigas armas dos monarcas escoceses, usadas ata 1603

As armas dos monarcas escoceses no século XVII evolucionaran e contaban con diversos elementos exteriores ao brasón. Aparecía rodeado polo colar da Orde escocesa do Cardo e flanqueado por dúas figuras (tenantes ou soportes) con forma de unicornio rampante de prata con crinas en ouro que tamén quedou incorporado no escudo de armas dos monarcas británicos. O escudo aparecía timbrado coa coroa real escocesa e sobre ela situábase a súa cimera, un león coroado de goles que sostén unha espada e un cetro.

Ao pé, tamén fóra do escudo, colocábase unha cinta co lema escocés: Nemo me impune lacessit (Ninguén me ofende impunemente). Algúns destes elementos aparecen no escudo de armas que os monarcas británicos usan cando están en Escocia.

Estandarte real de Escocia

[editar | editar a fonte]
Estandarte dos monarcas de Escocia (ata 1603)

Os monarcas escoceses usaron, ata a unión con Inglaterra, como símbolo persoal un estandarte cos mesmos elementos que compón o campo do escudo. Esta bandeira, amarela, é usada pola poboación escocesa como un dos seus símbolos malia non teres actualmente carácter oficial como a bandeira azul coa cruz de Santo André pero é unha das catro divisións da insignia do monarca do Reino Unido.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]