Escudo de Suriname
Aparencia
Escudo de Suriname | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Suriname |
Adoptado | 25 de novembro de 1975 |
Alicerce | Dous indios arauacos armados. |
Divisa | Justitia - Pietas - Fides "Xustiza - Piedade - Fidelidade" |
O escudo de armas de Suriname foi adoptado o 25 de novembro de 1975. No lema lese en latín Justitia - Pietas - Fides ("Xustiza - Piedade - Fidelidade"). Os seus alicerces son dous nativos arauacos. A metade esquerda simboliza o pasado, no que os escravos foron levados ó país por barco dende África. A metade dereita simboliza o presente, representado por unha palmeira. O diamante do medio ten a forma do corazón. As puntas do diamante sinalan as catro direccións do vento. Dentro do diamante hai unha estrela de cinco puntas. A estrela simboliza os cinco continentes dos cales migraron os habitantes de Suriname: África, América, Oceanía, Asia e Europe.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fotografía dunha alegoría do escudo de Suriname. Obra do fotógrafo Julius Eduard Muller.
-
Tea que amosa unha versión anterior do escudo de armas de Suriname.