Escudo español (moeda)
Co nome de escudo español coñécense dúas unidades monetarias distintas que circularon en España durante diferentes períodos da historia deste país durante os séculos XVI e XIX, tamén denominadas, para distinguilas entre si, escudo de ouro e escudo de prata, respectivamente.
O escudo de ouro (1535-1833)
[editar | editar a fonte]En 1535 acúñase por primeira vez en Barcelona, por orde do rei Carlos I, unha moeda de ouro cun peso de 3,4 g e un valor de 350 marabedís. Dita moeda estaba destinada a pagar os gastos duna expedición a Tunisia.
Pero non foi até o reinado de Filipe II cando o escudo de ouro se converte na principal unidade monetaria de todo o territorio español. Nesta época estaba subdividido en reais e marabedís.
Desde a época de Filipe II até os tempos de Fernando VII cuñáronse moedas en diferentes metais e denominacións, pero todas elas co escudo como unidade de referencia, xa que este equivalía ben a 16 reais de prata ou a 40 reais de billón.
As moedas de ouro emitíronse con valores faciais de ½, 1, 2, 4 e 8 escudos. A peza de 2 escudos era coñecida polo nome de dobrón, pois o seu peso correspondía exactamente ao duplo que o da moeda de 1 escudo, 6,77 g de ouro.
Ademais destas moedas tamén se emitiron entre 1809 e 1839 outras similares compostas do mesmo metal, pureza e peso, con valores de 80, 160 e 320 reais de billón (2, 4 e 8 escudos).
O deseño destas moedas estaba formado polo busto do monarca reinante no anverso e polo escudo real no reverso. Ademais todas levaban inscrita a letra correspondente á inical da ceca na que se cuñaran. A maioría das pezas de ouro cuñáronse nas cecas de Madrid e Sevilla, e por tanto estas moedas levaban gravadas ben un M ou un S.
Denominación | Metal | Lei (ml)* | Peso (g) | Ø (mm) | Canto | Emitida entre |
---|---|---|---|---|---|---|
8 escudos | Ouro | 1535 e 1833 | ||||
4 escudos | Ouro | 1535 e 1833 | ||||
2 escudos | Ouro | 1535 e 1833 | ||||
1 escudo | Ouro | 1535 e 1833 | ||||
½ escudo | Ouro | 1535 e 1833 | ||||
* = A pureza do metal foise reducindo desde os 0,917 ml/g orixinales por peza, até os 0,875 das últimas cuñaxes. |
O escudo de prata (1864-1869)
[editar | editar a fonte]O segundo escudo, ou escudo de prata, introduciuse en España durante o reinado de Isabel II. Este escudo tiña un peso de 12,5 g de prata e unha pureza de 835 milésimas (83,5 %), e estaba subdividido en 100 céntimos de escudo.
Antes de que a raíña accedera ao trono en 1833 circulaban en España numerosas unidades monetarias con metais, purezas, pesos e valores diferentes. Por iso se realizaron varios intentos por unificar o sistema monetario, que por entón se rexía por reais e marabedís, nunha única moeda. Así mesmo, para ingresar na Unión Monetaria Latina debíase contar cunha moeda de circulación única e adaptada ao Sistema Métrico Internacional. Con estes fins, en 1864 creouse o escudo de prata, substituíndo ao real, que xa daquela estaba subdivido nun sistema decimal de 10 décimas ou 100 céntimos de real.
Cuñáronse moneas de cobre, prata e ouro, con pesos, metales e purezas exactamente definidos. As pezas emitidas foron de ½, 1, 2½ e 5 céntimos de escudo en cobre, de 10, 20 e 40 céntimos en de 1 e 2 escudos en prata e, por último, de 2, 4 e 10 escudos en ouro. En Galicia cuñáronse os devanditos valores en cobre na Real Casa de Moeda de Xuvia, entre os anos 1866 e 1868[1][2].
As moedas citadas anteriormente tiñan as características técnicas que se sinalan na táboa esquemática que aparece a continuación:
Ref. | Denominación | Metal | Lei (ml) | Peso (g) | Ø (mm) | Canto | Emitida entre | Cecas |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 10 escudos | Ouro | 1865 e 1868 | M S | ||||
2 | 4 escudos | Ouro | 1865 e 1868 | M S | ||||
3 | 2 escudos | Ouro | 1865 e 1868 | M | ||||
4 | Prata | 1864 e 1868 | M | |||||
5 | 1 escudo | Prata | 1864 e 1868 | M | ||||
6 | 40 céntimos | Prata | 1864 e 1868 | B M S | ||||
7 | 20 céntimos | Prata | 1865 e 1868 | M S | ||||
8 | 10 céntimos | Prata | 1865 e 1868 | M S | ||||
9 | 5 céntimos | Cobre | 1865 e 1868 | B M J Sg S | ||||
10 | 2½ céntimos | Cobre | 1865 e 1868 | B M J Sg S | ||||
11 | 1 céntimo | Cobre | 1864 e 1868 | B M J Sg S | ||||
12 | ½ céntimo | Cobre | 1864 e 1868 | B M J Sg S | ||||
B = Barcelona M = Madrid J = Jubia (Xuvia) Sg = Segovia S = Sevilla |
A vida do segundo escudo español foi curta, pero serviu de base para a introdución dun sistema monetario unificado e definitivo que tanta falta facía para normalizar a economía da época. En 1869, tras o destronamento da raíña Isabel II e a constitución dun goberno provisional, estableceuse que 2 escudos de prata eran equivalentes a 5 pesetas, quedando confirmada a peseta como unidade monetaria de España até o ano 2002.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pita Fernández, Ricardo Luís. A Real Casa da Moeda de Xubia. Breve historia e catálogo das súas cuñacións. Santiago de Compostela, Andavira Edicións. 1996. ISBN 84-89641-37-4
- ↑ Pita Fernández, Ricardo Luís. Numismática Galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela, 1999. ISBN 84-605-9958-2