Saltar ao contido

España (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

España
Fundación17 de novembro de 1935
Remata1936
Lingualingua castelá
LocalidadeVigo
editar datos en Wikidata ]

España foi un periódico editado en Vigo entre 1935 e 1936.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Órgano das Juventudes del Bloque Nacional de Vigo, apareceu o 17 de novembro de 1935.[1][2] Periódico semanal dirixido por Ramón Villot Canal, presidente da Juventud del Bloque Nacional. Publicáronse polo menos tres números nesa primeira etapa.[3] Volveu aparecer o 6 de setembro de 1936 coa lenda "Al servicio de la Junta de Defensa Nacional" continuando na dirección Ramón Villot.[4][5]

  1. Alborada, 21-11-1935, p. 9.
  2. Galicia, 22-11-1935, p. 5.
  3. Alborada, 6-12-1935, p. 12.
  4. El Pueblo Gallego, 6-9-1936, p. 5.
  5. El Pueblo Gallego, 22-9-1936, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]