Saltar ao contido

Espermatóforo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Phylliidae sp.
O espermatóforo está na súa parte inferior.

En bioloxía denomínase espermatóforo a unha estrtura que conteña calquera célula reprodutora (gameto).[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo está formado polos elementos espermato- e -foro, tirados do grego antigo σπέρμα, σπέρματος spérma, spérmatos, "semente", e -φορος -phoros, "que leva", unidos por un -o- epentético.[1][2]

Este neoloxismo foi introducido na linguaxe científica no século XIX, en 1847 na zooloxía e en 1861 na botánica. [1]

En zooloxía

[editar | editar a fonte]

En zooloxía o espermatóforo (non confundir con espermateca) é unha cápsula ou masa creada polos machos de diversas especies animais, principalmente invertebrados, que conteñen espermatozoides, que se introduce no órgano sexual feminino durante a cópula.[3] Os espermatóforos tamén poden conter alimento para a femia, nese caso chámase agasallo nupcial.[4][5] No caso da avelaíña tóxica Utetheisa ornatrix, o espermatóforo inclúe espermatozoides, nutrientes e alcaloides de pirrolizidina, que impiden a depredación porque estes últimos son velenosos para a maioría dos organismos.[6] Porén, nalgunhas especies, como na bolboreta Euphydryas editha, o "agasallo" subministra pouco valor nutritivo. O peso do espermatóforo transferido ao apareamento ten pouco efecto sobre a produción reprodutiva feminina.[7]

Invertebrados

[editar | editar a fonte]

Artrópodos

[editar | editar a fonte]

A reprodución por espermatóforos é común nos invertebrados, sendo o máis normal nos arácnidos. Pero moitos insectos tamén se reproducen deste modo.[8] En varios insectos, como nos saltóns da familia dos tetigoníidos, o espermatóforo adoita estar rodeado por unha cuberta proteica denominada espermatofílax, unha especie de bóla xelatinosa que os insectos machos expulsan durante a copulación xunto co espermatóforo, e que funciona como suplemento nutritivo para a femia.[8] A función do espermatofílax é facer que a femia renuncie a algo do seu control sobre o proceso de inseminación permitindo a transferencia completa de espermatozoides desde o espermatóforo.

Algunhas especies de bolboretas e avelaíñas tamén depositan un espermatóforo na femia durante a cópula, como Pararge aegeria,[9] ou Utetheisa ornatrix chegan a investir ao redor do 10 % da súa masa corporal na creación dun único espermatóforo.[10]

Cyrtodiopsis dalmanni tamén deposita un espermatóforo na femia durante a cópula, pero o espermatóforo é moi pequeno e ocupa só unha parte da capacidade vaxinal da femia. Esta é probablemente unha adaptación á tendencia cara a unha alta frecuencia de apareamento nesta especie, onde os machos invisten até o 10 % da súa masa corporal en crear un único espermatóforo.

Sábese que estas especies de bolboretas teñen o comportamento de frecuentaren charcos con barro, como se demostrou con Dryas iulia, para obteren os minerais necesarios para a produción do espermatóforo..[11]

En calquera caso, as femias, prefieren os machos de maior tamaño debido a unha serie de múltiples beneficios que isto lles achegará á súa descendencia; así, por exemplo, un menor interese dos seus depredadores debido ao seu tamaño máis grande.

Espermatóforo dunha píntega.
Representación artística dun conidióforo de Botritys sp. ao microscopio.

Cefalópodos

[editar | editar a fonte]

A maioría dos cefalópodos usan un tentáculo modificado para formar estruturas reprodutivas chamadas espádices, que cumpren o rol de introducir os espermatóforos na cavidade paleal da femia; estes tentáculos denomínanse hectocótilos e, unha vez realizada a súa función, despréndense.[12] Os espermatóforos do polbo xigante do Pacífico, Enteroctopus dofleini, miden aproximadamente un metro.[13] Un complexo mecanismo hidráulico libera os espermatozoides do espermatóforo que son almacenados internamente pola femia.[14]

Nalgúns cefalópodos, como o argonauta (Argonauta argo), o brazo é desmontábel e capaz de movemento autonomamente e ten unha supervivencia prolongada dentro da femia, até o punto de que foi confundido cun verme parasito por Georges Cuvier, que lle deu o nome xenérico de Hectocotylus. Nalgúns casos, os espermatóforos de varios machos poden estaren presentes dentro da mesma femia simultaneamente..[15]

Vertebrados

[editar | editar a fonte]

Algúns vertebrados tamén se reproducen a través de espermatóforos, cápsulas ou masas que conteñen espermatozoides creadas por machos de varias especies animais, especialmente píntegas e tritóns, que se transfire á femia durante a reprodución. As femias poden elixir aceptalos ou non, dependendo do éxito do cortexo previo.

En botánica

[editar | editar a fonte]

En botánica, nas criptógamas, o espermatóforo é unha hifa ou excrescencia dos fungos e os liques,[1]

Nas fanerógamas, a placenta máis ou mens modificada dos froitos, convertida en sopofrte seminal, a miúdo pulviniforme e, en xeal, tamén se denomina así o soporte da calquera célula espermática, tanto nas plantas superiores coma nas inferiores (véxase conidióforo).[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 espermatóforo en dicciomed. Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico.
  2. 2,0 2,1 Font Quer 1993, p. 408.
  3. "Espermatóforos" en Curso de Taxonomía de Oligoquetos.
  4. Nina Wedell, Tom Tregenza & Leigh W. Simmons (2008). "Nuptial gifts fail to resolve a sexual conflict in an insect". BMC Evolutionary Biology 8: 204. 
  5. Peter D. Sozou & Robert M. Seymour (2005). "Costly but worthless gifts facilitate courtship". Proceedings of the Royal Society B 272 (1575): 1877–1884. 
  6. González, A.; Rossini, C.; Eisner, M.; Eisner, T. (1999). "Sexually transmitted chemical defense in a moth (Utetheisa ornatrix)". Proceedings of the National Academy of Sciences USA 96 (10): 5570–5574. 
  7. Jones; Odendaal, Ehrlich (xaneiro de 1986). "Evidence against the spermatophore as paternal investment in checkerspot butterflies (Euphydras: Nymphalidae)". American Midland Naturalist 116 (1): 1–6. 
  8. 8,0 8,1 Karim Vahed (1998): "The function of nuptial feeding in insects: a review of empirical studies" Biological Reviews 73 (1): 43-78. / Resume.
  9. Svärd, L. (1985). "Paternal investment in a monandrous butterfly, Pararge aegeria". Oikos 45 (1): 66–70. 
  10. Iyengar, Vikram K. & Thomas Eisner (1999): "Female choice increases offspring fitness in an arctiid moth (Utetheisa ornatrix)". Proceedings of the National Academy of Sciences USA. 96 (26): 15013–15016.
  11. Beck, Jan; Mühlenberg, Eva; Fiedler, Konrad (1 de abril de 1999). "Mud-puddling behavior in tropical butterflies: in search of proteins or minerals?". Oecologia 119 (1): 140–148. 
  12. hectocótilo en dicciomed. Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico.
  13. Carefoot, Thomas. "Octopuses and Relatives: Reproduction". A Snail's Odyssey. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2017. Consultado o 27 de febreiro de 2021. 
  14. Ruppert, Edward E.; Fox, Richard S.; Barnes, Robert D. (2008). Invertebrate Zoology. Cengage Learning. pp. 363–364. ISBN 978-81-315-0104-7. 
  15. Marah J. Hardt, Sex in the Sea: Our Intimate Connection with Sex-Changing Fish, Romantic Lobsters, Kinky Squid, and Other Salty Erotica of the Deep

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]