Esplendor Geométrico
Esplendor Geométrico | |
---|---|
Orixe | Madrid,, España |
Período | 1980 - presente |
Xénero(s) | Música Industrial, Noise |
Selo(s) discográfico(s) | Geometrik |
Membros | Arturo Lanz, Saverio Evangelista |
Antigos membros | Gabriel Riaza (1980-1993), Juan-Carlos Sastre (1980-1981) |
Na rede | |
[1] | |
Esplendor Geométrico é un grupo español de música industrial. O grupo formouse en 1980 con Arturo Lanz, Gabriel Riaza e Juan-Carlos Sastre, todos eles exmembros de Aviador Dro y sus Obreros Especializados. Tomaron o nome de Esplendor Geométrico dun poema futurista do escritor italiano Filippo Tommaso Marinetti.
No ano 1981 editaron o seu primeiro sete polgadas, Necrosis en la Poya, co selo Tic Tac, seguido do seu álbum debut, El Acero del Partido en 1982.[1]
En 1985 o grupo formou o seu propio selo, Esplendor Geométrico Discos, e publicou o seu segundo álbum, Comisario de la Luz.
O seu facilmente reconocible estilo de ásperos ritmos industriais desenvolveuse nos seus dous seguintes álbums: Kosmos Kino en 1987 e Mekano Turbo en 1988, este último considerado por moitos como o lanzamento definitivo de EG. Tras o álbum en directo de 1989 Live in Utrecht, as futuras edicións aparecerían co selo Geometrik.[2]
O Sheikh Aljama de 1991 mostra influencias árabes na música, mentres que Veritatis Splendor (1994) e o Balearic Rhythms (1996) mostran unha (polo menos en parte) suavización do seu son tradicionalmente abrasivo.[3]
Arestora o grupo é un dúo, formado por Arturo Lanz e Saverio Evangelista, o último en unirse ao grupo en 1990.[4]
En 1997 Polyglophone amosa o verdadeiro regreso de EG á plena agresión dos seus anteriores traballos e, ao ano seguinte, artistas como Coil e Chris & Cosey contribuíron con versións de temas clásicos de Esplendor Geométrico ao álbum remestura En-co-d-eSplendor.
En 2002 editaron o álbum de EG, Compuesto de Hierro, con influencias chinesas, mentres o dobre CD compilatorio, Anthology 1981 - 2003 tivo boa aceptación en tendas en 2005.
Lanz vive en Pequín e Evangelista en Roma pero o grupo permanece moi activo.[5] Aínda que decote ignorados nas historias de música electrónica / industrial e con moitas das súas edicións extremadamente difíciles de atopar, EG exerceu unha forte influencia, non só na música industrial senón dentro do máis amplo campo da música electrónica. A súa influencia detéctase especialmente no son de artistas como Autechre e Pan Sonic.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Necrosis en la poya 7" (1981)
- EG-1 casete (1981, reeditada en CD no 2000)
- El acero del partido LP (1982, reeditado en CD en 2000)
- Comisario de la luz LP (1985)
- 1980-1981 casete (1986)
- En Roma casete (1986)
- En directo: Madrid y Tolosa casete (1987)
- Kosmos kino LP (1987, reeditado en CD en 1996)
- Mekano-turbo LP (1988, reeditado en CD en 1994)
- Madrid mayo '89 casete (1989)
- Live in Utrecht LP (1990, reeditado en CD en 1999)
- Diez años de esplendor 2 x casete (1990)
- Sheikh aljama (xeque de aljama) CD (1991)
- 1980-1982 2 x casete (1993)
- Arispejal astisaró (powerful metal) CD (1993)
- Veritatis splendor CD (1994)
- 1983-1987 CD (1994)
- Nador CD (1995)
- Tokyo sin fin CD (1996)
- Treinta kilómetros de radio CD-EP (1996)
- Balearic rhythms CD (1996)
- 80's tracks CD (1996)
- Tarikat 2 x CD (1997)
- Polyglophone CD (1997)
- Syncrotrón mini-LP (1998)
- Compuesto de hierro CD (2002)
- Anthology 1981-2003 2 x CD (2005)
- 8 traks & live CD + DVD (2007)
- Pulsión CD (2009)
- Desarrollos geométricos CD (2011)
- Ultraphoon CD (2013)
- Fluida Mekaniko CD (2016)
Notas
- ↑ "El acero del partido (Esplendor Geométrico)". RNE.es. 10 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2016. Consultado o 01 de xuño de 2017.
- ↑ "Biografía - Esplendor Geométrico".
- ↑ "El Jeque Aljama vuelve a dar que hablar".
- ↑ "Esplendor Geométrico". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 01 de xuño de 2017.
- ↑ "Concierto – Lo más duro de la movida".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Distribuidor oficial
- Entrada de Esplendor Geométrico en Allmusic