Estípula
Aparencia


Denomínase estípula a unha estrutura, xeralmente laminar, que se forma a cada lado da base foliar dunha Traqueófita. Adoita atoparse unha a cada lado da base da folla, ás veces máis. Xeralmente son asimétricas e, en certo xeito, son imaxes especulares unha doutra. As estípulas poden ser:
- libres ou laterais: non se adhiren ao pecíolo, fican unidas só ao talo;
- adnatas, peciolares ou vaxinais: sóldanse ao pecíolo nun treito máis ou menos longo;
- interpeciolares ou caulinares: dous estípulas de follas opostas se sueldan no seu punto de contacto;
- intrapeciolares ou axilares: dúas estípulas da mesma folla sóldanse por riba do pecíolo;
- opositifolias ou opostas: dúas estípulas da mesma folla sóldanse dando a volta polo lado oposto ao pecíolo;
- ambiguas: sóldanse ao talo e ao pecíolo (termo pouco usado);
- envainadoras
As estípulas poden aparecer como órganos foliáceos, espiñas, glándulas, pelos, escamas. A súa presenza está relacionada coa anatomía do nó que soporta a folla.
As estruturas que remedan estípulas nas bases dos folíolos reciben o nome de estipelas (p. ex. no xénero Thalictrum ou nalgunhas Fabaceae).
Notas
[editar | editar a fonte]Font Quer, P. 1982. Dicionario de Botánica. Editorial Labor, Barcelona etc. 1244 páxs.