Estación da Forza Espacial de Cabo Cañaveral
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Florida | |||
Condado | Condado de Brevard (pt) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 5 km² | |||
Creación | 1949 | |||
Fito histórico nacional | ||||
Data | 16 de abril de 1984 | |||
Lugar inscrito no Rexistro Nacional de Lugares Históricos | ||||
Tipo | distrito | |||
Data | 16 de abril de 1984 | |||
Identificador | 84003872 | |||
Sitio web | patrick.spaceforce.mil |
A Estación da Forza Espacial de Cabo Cañaveral (CCSFS, polas súas siglas en inglés Cape Canaveral Space Force Station) é unha instalación da 45.ª Ála Espacial (45 SW, do inglés Space Wing) da Forza Espacial dos Estados Unidos,[1] con sede na próxima Base da Forza Espacial Patrick. Localizada en cabo Cañaveral no estado de Florida, a CCSFS é o principal lugar de lanzamentos de mísiles do rango leste.[2] A base Patrick proporciona os cuarteis xerais e as funcións de apoio para o 45 SW, así como un aeródromo, liderado loxístico no aire e as funcións de apoio completo propias dunha base da forza aérea. Ademais das instalacións na base Patrick, a CCSFS tamén ten o seu propio aeródromo separado, o Cape Canaveral AFS Skid Strip, que proporciona unha pista de 10 000 pés (3 km)[3] próxima ós complexos de lanzamento para o uso de avións militares que leven as enormes e pesadas cargas útiles ata o cabo.
Ademais, a CCSFS está situada xunto ó Centro espacial John F. Kennedy da NASA na illa Merritt, coas dúas instalacións conectadas por pontes e pasos elevados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Patrick Air Force Base — FAQ Topic". Patrick Air Force Base. Arquivado dende o orixinal o 09-05-2012. Consultado o 16-02-2021.
- ↑ CAST 1999, pp. 1-126.
- ↑ "World Aero Data: Cape Cnaveral AFS Skid Strip — XMR". Arquivado dende o orixinal o 09-05-2012. Consultado o 16-02-2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación da Forza Espacial de Cabo Cañaveral |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Launch Site Safety Assessment, Section 1.0 Eastern Range General Range Capabilities" (PDF). Research Triangle Institute, Center for Aerospace Technology (CAST), Florida Office. Administración Federal de Aviación. marzo de 1999. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26-03-2009. Consultado o 16-02-2021.