Saltar ao contido

Estación de Ponferrada


Ponferrada
SituaciónPonferrada
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Intercity, Trenhotel
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Ponferrada é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Ponferrada, na provincia de León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 251 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 512 metros de altitude[1], entre as estacións de Posada del Bierzo e de San Miguel de las Dueñas. O tramo é de vía única e está electrificado.

Nas proximidades da estación ponferradina, entre os barrios de Flores del Sil e Cuatrovientos, sitúase unha terminal de mercadorías ferroviarias[2] xestionada por Adif.

A estación foi aberta ao tráfico o 4 de febreiro de 1882 coa posta en marcha do tramo Ponferrada-Brañuelas da liña que pretendía unir Palencia e A Coruña.[3] Os case catorce anos que separan a apertura deste tramo do anterior entre Brañuelas e Astorga deixan patente as dificultades atopadas para dar cun trazado cuxo desnivel fora asumible polas locomotoras da época. As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[3] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

A estación de Ponferrada supoñía o punto de ligazón entre o ferrocarril de Ponferrada a Villablino e a rede de Renfe para o intercambio do carbón procedente da conca mineira do Sil aos vagóns de vía ancha e desta maneira levalo ao resto de España. Grazas a isto, a estación e a súa contorna creceron moito. Nos anos 80, debido á crise e decadencia do carbón na zona, clausurouse o tren a Villablino entre Ponferrada e Cubillos del Sil co que a estación perdeu gran parte da súa actividade.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

[editar | editar a fonte]

A estación conta cun total de seis vías pasantes e dúas plataformas, así como varios feixes de vías mortas para o apartado de material de mantemento.

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Longa distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Valladolid-Campo Grande · Palencia · León · Veguellina · Astorga · Vega-Magaz · Brañuelas · Torre del Bierzo · Bembibre · San Miguel de las Dueñas Ponferrada 5 trens semanais por sentido
Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Intercity Bilbao-Abando Laudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido

Media distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
terminal
<> Vigo-Guixar

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]