Estación de Curtis
Estación de Curtis | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Uso(s) | en funcionamento ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Curtis ![]() | |||
Transporte | ||||
Código de estación ferroviaria | 20317 ![]() | |||
Liña de tren | Liña Palencia - A Coruña ![]() | |||
Servizo de conexión | Media Distancia Renfe ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Adif ![]() | |||
Operador/a | Renfe Operadora ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Curtis é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Curtis, no concello de Curtis, provincia da Coruña. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Ten tamén funcións loxísticas.[1]
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 497,6 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[2], entre as estacións de Teixeiro e Piñoi. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[3] A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.[4] Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
[editar | editar a fonte]O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. A estación atópase situada na parroquia coñecida como Curtis-Estación, ao norte do núcleo urbano de Curtis.
Conta cunha plataforma lateral e outra central ás que acceden dúas vías. A estación consta dun total de catro vías pasantes numeradas como 1, 2, 4 e 6[1], ás que se lles suman tres vías mortas, usadas para o estacionamento de vagóns, xa que nesas vías procédese a expedir trens madeireiros que son cargados alí.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
4 | MD | A Coruña | <> | Monforte de Lemos Ourense-Empalme |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ficha técnica Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Adif
- ↑ "Listado de Líneas y Estaciones" (PDF). Minsterio de Fomento (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 7 de xullo de 2018.
- ↑ García Raya, Joaquín (2006). "Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha" (PDF). IV Congreso Historia Ferroviaria : Málaga, septiembre-2006 (en castelán). Junta de Andalucía, Consejería de Obras Públicas y Transportes.
- ↑ Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Arquivado 29 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre saídas e chegadas na web de Adif Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine.