Saltar ao contido

Estación de Redondela AV


Redondela AV
Estación do AVE de Redondela, inaugurada o 29 de marzo de 2015.
SituaciónRedondela
ServizosAseos Aparcadoiro Servizos adaptados
Liñas
Longa DistanciaAlvia
Media distanciaMD

A estación de Redondela AV é unha estación de Adif na cidade de Redondela, pertencente ao Eixe atlántico de alta velocidade. Está situada no leste do núcleo urbano de Redondela, na confluencia entre a rúa dos Eidos e a estrada de Pazos.

Características

[editar | editar a fonte]

A estación, que custou 7'3 millóns de euros[1], encóntrase ao leste do núcleo urbano de Redondela, na esquina entre a Rúa Os Eidos e a Estrada de Pazos.

A estación está a unha cota inferior ás vías e ten un par de ascensores e escaleiras mecánicas para subir ás plataformas. No seu interior conta cun amplo vestíbulo, sala de espera, venda de billetes e aseos, ademais dun local comercial. Pero aínda que conta con estes espazos, tanto o punto de venda de billetes como o local comercial están baleiros. Está habilitada para persoas con discapacidade.

Na zona de vías dispón de dúas plataformas laterais cubertas parcialmente con marquesiñas. A praia de vías está formada por dúas vías laterais con plataforma e dúas vías centrais pasantes. A vía 3 conecta tamén coa liña convencional Redondela-Bifurcación Arcade que utilizan os trens para ir aos talleres de Redondela.

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Media distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizados a 6 de maio de 2019.

Na estación efectúan parada varios servizos de Media Distancia operados por trens da serie 121 de Renfe, que circulan polo Eixe Atlántico con destino ás estacións de Vigo-Urzáiz ou A Coruña, e con paradas en Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Santiago de Compostela e Cerceda-Meirama.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
1 MD A Coruña
Santiago de Compostela
Pontevedra
Vigo-Urzáiz

Os habitantes de Redondela ven insuficiente o servizo que ofrece Renfe na estación con tan só 3 paradas por sentido.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]