Estación de Quereño
Quereño | |
---|---|
Vista da estación | |
Situación | Rubiá |
Liñas | |
Media distancia | Intercity, Rexional Exprés |
Quereño é unha estación de tren de Adif, situada en Quereño, no concello de Rubiá, provincia de Ourense. Ten servizos de Media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]Está situada no punto quilométrico 282,7 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 376 metros de altitude,[1] entre as estacións de Pumares e Covas. O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En setembro dese mesmo ano abriuse na estación un lazareto ante a epidemia de cólera que asolaba España, dado que esta era a primeira parada existente en Galicia e o ferrocarril era un medio moi usado polos segadores galegos que ían en verán a Castela[3]
En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
[editar | editar a fonte]Dispón dun edificio para viaxeiros de base rectangular e tres plantas con disposición lateral ás vías. Conta con tres vías e dúas plataformas, unha lateral e outra central. Ningunha delas está cuberta. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media Distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe | <> | Destino |
---|---|---|---|---|
Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
6 | Rexional Exprés | León Ponferrada |
<> | Vigo-Guixar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
- ↑ «El cólera de 1885 en Ourense: "Dende Quereño á Canda...¡Que vacunen ó demo!. A min non me xiringa nadie”», artigo de David Simón no blog Diario de un médico de guardia, 20 de agosto de 2015 (en castelán).