Apeadoiro de Piñoi
Aparencia
(Redirección desde «Estación de Piñoi»)
Apeadoiro de Piñoi | |
---|---|
![]() Piñoi. | |
Situación | Oza-Cesuras |
Liñas | |
Media distancia | MD |
Piñoi é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Piñoi, no concello de Oza-Cesuras, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 502,6 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Curtis e Cesuras. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
[editar | editar a fonte]Cando se inaugurou o tramo A Coruña-Lugo da liña Palencia-A Coruña o 10 de outubro de 1875[2], non se dispuxo de ningunha parada na zona. O apeadoiro foi construído posteriormente sen que conste a súa data exacta de apertura.
A estación
[editar | editar a fonte]As súas instalacións limítanse a un pequeno refuxio e a unha plataforma lateral á que accede a vía principal.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
4 | MD | A Coruña | <> | Monforte de Lemos Ourense-Empalme |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
- ↑ Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Arquivado 29 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre saídas e chegadas na web de Adif Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine.