Saltar ao contido

Estado Aragonés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estado Aragonés

Tipopartido político Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Presidente/aGaspar Torrente Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1933 Editar o valor en Wikidata
Disolución1937 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
SedeBarcelona Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBestauaragones.org Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Estado Aragonés foi un partido político nacionalista aragonés de esquerdas que se formou en Barcelona en decembro de 1933. A maioría dos seus membros procedían da Unión Aragonesista e eran orixinarios de Ribagorza.

O seu presidente era Gaspar Torrente e entre os seus militantes estaban Emilio Jover e Julio Calvo Alfaro.
As súas mocidades, Juventud de Estado Aragones Los Almogávares dirixida por Luis Porté, loitaron a carón dos escamots logo da declaración da República catalá por Lluís Companys o 6 de outubro de 1934, o que supuxo a clausura da súa sede e que a organización permanecese inactiva ata 1936, cando abren unha nova sede e elixen a Miguel Alcubierre presidente das mocidades que lanzou unha campaña en Aragón para a consecución da autonomía que tivo eco entre os partidos republicanos de esquerda, mentres Gaspar Torrente seguía na dirección do partido. Co comezo da Guerra civil española EA deixou de ter actividade pública.

Estado Aragonés foi un partido pequeno, que non debeu pasar dos 50 afiliados e que tiña a Renacimiento Aragonés como o seu órgano oficioso.

En 2006 creouse un novo partido político, chamado Estau Aragonés, inspirado no antigo partido de 1933. Os seus ideais son atinxir a independencia de Aragón e a liberación da clase obreira aragonesa.