Saltar ao contido

Esteman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEsteman

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de maio de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Bogotá, Colombia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade dos Andes Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata -
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoUniversal Music Group Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJorge Caballero Editar o valor en Wikidata

Facebook: estemanmusic Twitter: estemanmusic MySpace: estemanmusic BNE: XX5089349 Souncloud: estemanmusic Last fm: Esteman Musicbrainz: 2aab5497-8f25-4adf-a1c5-247dd5ac270a Songkick: 6322309 Discogs: 4998822 Allmusic: mn0002435093 Genius: Esteman Editar o valor en Wikidata

Esteban Mateus Williamson, nado en Bogotá, Colombia o 4 de maio de 1984, coñecido profesionalmente como Esteman, é un cantante e compositor colombiano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Esteman deuse a coñecer na escena musical colombiana co vídeoclip da canción "No te metas a mi Facebook", que se volveu viral en YouTube, xerando máis dun millón de visitas en pouco tempo.[1] O seu álbum debut, 1er Acto, foi publicado o 28 de abril de 2012. Contou coa colaboración da cantante Andrea Echeverri na canción "Aquí Estoy Yo".[2] A súa segunda produción, Caótica Belleza, foi publicada o 28 de agosto de 2015 con colaboracións de Natalia Lafourcade na canción "Caótica Belleza" que dá nome ó álbum, José Quiñonez na canción "La Noche Es Corta", Li Saumet na canción "Todo Lo Que Soy" e Carla Morrison na canción "Adelante".[3][4]

En 2016, Esteman foi un dos artistas seleccionados para facer parte da primeira edición do festival Lollapalooza en Colombia antes da súa cancelación.[5][6] Nos Premios Grammy Latinos de 2016, Esteman foi nomeado na categoría de mellor novo artista, perdendo ante o seu compatriota Manuel Medrano. O seu álbum Caótica Belleza foi un do cinco discos nomeados a mellor álbum de música alternativa nos mesmos premios, categoría que gañou o disco L.H.O.N de Illya Kuryaki and the Valderramas.[7][8]

Esteman e a súa banda, "A Esteband", saíu de xira por Colombia, a Arxentina, o Perú, Chile, México e os Estados Unidos.[4]

  1. ¿Quién es Esteman? Arquivado 20 de abril de 2017 en Wayback Machine.. Jet-Set. 25 de xuño de 2015.
  2. Esteman - 1er Acto Arquivado 15 de xullo de 2019 en Wayback Machine.. YAM Magazine. Marzo de 2017.
  3. Esteman, a deambular por el desconcierto. El Espectador. 16 de marzo de 2017.
  4. 4,0 4,1 Esteman lanza su nuevo álbum ‘Caótica belleza’. Los40. 2017.
  5. Star lineup to rock Bogotá at first Lollapalooza Colombia. Jared Wade. The City Paper Bogotá. 17 de xuño de 2016.
  6. Lollapalooza Colombia Canceled After Lead Headliner Drops Out, Organizers Say. Billboard. 2017.
  7. Latin Grammy Winners 2016: Complete List. Billboard. 2017.
  8. Tres colombianos, entre los más nominados al Grammy Latino. El Tiempo. 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]