Saltar ao contido

Ester Navarrete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEster Navarrete
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta, enfermeira Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata

Instagram: ester.navarretesantana IAAF: 14426782 Editar o valor en Wikidata

Ester Navarrete Santana, nada en Vigo o 16 de marzo de 1990, é unha atleta galega, que compite en maratón. Foi campioa de España de maratón e participou nesta disciplina nos Xogos Olímpicos de 2024. Anteriormente fora sete veces campioa de Galicia en diferentes modalidades (campo a través, 1500 metros, 3000 metros e 5000 metros), e é a actual posuidora dos récords de Galicia de 10 km ruta (32'40''), medio maratón (1h59'58'') e maratón (2h24'40'').

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada en Vigo, corría en campionatos escolares durante a súa infancia, pero non foi ata á súa chegada á Universidade de Santiago de Compostela cando comezou a competir en atletismo de xeito máis serio.[1] Coa camiseta do Celta de Vigo, iniciouse en probas sub-23 e no 2010 conseguiu os seus primeiros éxitos, proclamándose por primeira vez campioa de Galicia sub-23, na proba de 1500 metros.[2] Ese mesmo ano disputou o Campionato de Europa de campo a través, celebrado na cidade portuguesa de Albufeira.[3] No 2011 gañou catro títulos diferentes de campioa galega sub-23; nas probas de campo a través, 10 km ruta, 1500 metros e 800 metros; e ao ano seguinte revalidou os títulos de campioa de 10 km ruta e 1500 m.[4][5][6]

En 2012 proclamouse en Ribeira campioa galega absoluta por primeira vez na súa carreira, nos 10 km ruta,[7] e nos seguintes anos gañou tamén os títulos de 3000 metros (2014), campo a través (2015, 2017 e 2022),[8] 5000 metros (2015 e 2017) e 1500 metros (2022).[9]

Nos Campionatos de España conseguiu subir catro veces ao podio, todas na modalidade de 5000 metros. En 2016 foi terceira por detrás de Trihas Gebre e Zulema Fuentes-Pila, mentres que tanto no 2018 como no 2019 obtivo a medalla de prata por detrás de Maitane Melero.[10] En 2023, dous anos despois de ser nai,[1] regresou ao terceiro caixón do podio, ao rematar atrás só de Marta García e Cristina Ruiz.[11]

En febreiro de 2024 comezou a competir en maratón, e no seu debut en Sevilla proclamouse campioa de España cun tempo de 2h24'40'', conseguindo ademais a clasificación para os Xogos Olímpicos.[12] Xa nos Xogos Olímpicos de 2024, conseguiu rematar a proba na 42ª posición, tras unha carreira con condicións extremas na que chegou a vomitar.[13]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Campo a través
  • Campionato de Galicia (3): 2015, 2017, 2022.
  • Campionato de Galicia sub-23 (1): 2011.
800 m
  • Campionato de Galicia sub-23 ao aire libre (1): 2011.
1500 m
  • Campionato de Galicia (1): 2022.
  • Campionato de Galicia sub-23 (2): 2010, 2011.
3000 m
  • Campionato de Galicia (1): 2014.
5000 m
  • Campionato de Galicia (2): 2015, 2017.
10 km ruta
  • Campionato de Galicia sub-23 (1): 2011.
Maratón
  1. 1,0 1,1 Fleitas, Begoña (2 de maio de 2024). "Ester Navarrete, una enfermera en el maratón olímpico de París". Marca (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2024. 
  2. "Campioas de Galicia en Pista Cuberta en categoría Promesa (Sub-23)" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 1 de agosto de 2024. 
  3. "ESTHER NAVARRETE, 4ª ESPAÑOLA EN EL EUROPEO". 12 de decembro de 2010. Consultado o 1 de agosto de 2024. 
  4. "CAMPIÓNS DE GALICIA INDIVIDUAL E CLUB CAMPO A TRAVES - Categoria: PROMESA (Sub ́23) Mulleres" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 1 de agosto de 2024. 
  5. "HISTORIAL CAMPIONATOS DE GALICIA INDIVIDUAL RUTA" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 1 de agosto de 2024. 
  6. "CAMPIÓNS DE GALICIA PROMESA (SUB23) AIRE LIBRE" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 1 de agosto de 2024. 
  7. "HISTORIAL CAMPIONATOS DE GALICIA INDIVIDUAL RUTA" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 1 de agosto de 2024. 
  8. "CAMPIÓNS DE GALICIA INDIVIDUAL E CLUB CAMPO A TRAVES" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 1 de agosto de 2024. 
  9. "CAMPIONAS DE GALICIA ABSOLUTOS AIRE LIBRE" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 1 de agosto de 2024. 
  10. "Así fue el campeonato de España de atletismo de La Nucía" (en castelán). 2 de setembro de 2019. Consultado o 1 de agosto de 2024. 
  11. "Marta García revalida el título de 5.000 en el Campeonato de España en Valencia" (en castelán). 29 de xullo de 2023. Consultado o 1 de agosto de 2024. 
  12. "Ibrahim Chakir y Ester Navarrete se proclaman campeones de España de maratón e irán a París 2024" (en castelán). 18 de febreiro de 2024. Consultado o 1 de agosto de 2024. 
  13. "Ester Navarrete finaliza su primer maratón olímpico". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de agosto de 2024. Consultado o 13 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]