Saltar ao contido

Esther Benítez Eiroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEsther Benítez Eiroa
Biografía
Nacemento15 de abril de 1937 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de maio de 2001 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX852179 BUSC: benitez-esther-1937-2001

Esther Benítez Eiroa, nada en Ferrol o 15 de abril de 1937 e finada en Madrid o 12 de maio de 2001, foi unha tradutora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traduciu ó castelán numerosos autores italianos e franceses, como Calvino, Pavese, Manzoni ou Maupassant, entre outros moitos. Traduciu tamén os libros da serie El pequeño Nicolás de Sempé e Goscinny.

En 1978 acadou o premio Fray Luis de León pola súa tradución de Nuestros antepasados, de Italo Calvino, e en 1992 recibiu o Premio Nacional á Obra dun Tradutor. Esther Benítez foi tamén un membro activo e combativo tanto da Asociación Colexial de Escritores de España como da súa sección de tradutores, ACE Tradutores. En 2006 ACE Tradutores creou o premio que leva o seu nome, destinado a premiar a mellor tradución (de calquera lingua a calquera lingua de España) publicada o ano anterior á resolución.[1][2][3] O xurado está constituído por todos os membros da asociación.

  1. "Premio Esther Benítez" (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2018. 
  2. "Esther Benítez Eiroa" (en castelán). 2018. Consultado o 30 de abril de 2019. 
  3. "Muere en Madrid Esther Benítez, traductora de Calvino y Pavesse" (en castelán). El País. 13 de maio de 2001. Consultado o 30 de abril de 2019.