Esther Cooper Jackson
![]() (1968) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Esther Victoria Cooper ![]() 21 de agosto de 1917 ![]() Condado de Arlington, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 23 de agosto de 2022 ![]() Boston, Estados Unidos de América ![]() |
Grupo étnico | Afroamericano ![]() |
Actividade | |
Ocupación | activista, xornalista, escritora, editora literaria ![]() |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Nai | Esther Georgia Irving Cooper ![]() |
Descrito pola fonte | Who's Who Among African Americans (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Esther Victoria Cooper Jackson, nada o 21 de agosto de 1917 e finada o 23 de agosto de 2022, foi unha activista polos dereitos civís e traballadora social estadounidense. Traballou con Shirley Graham Du Bois, W. E. B. Du Bois, Edward Strong e Louis E. Burnham, e foi unha das editoras fundadoras da revista Freedomways, unha revista política, teórica e literaria publicada dende 1961 a 1985. Tamén foi secretaria executiva e de organización do Southern Negro Youth Congress.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jackson naceu o 21 de agosto de 1917, in Arlington, Virxinia, filla de George Posea Cooper e Esther Georgia Irving Cooper, quen foi a presidenta da filial de Arlington da Asociación Nacional para o Progreso da Xente de Cor.[2][3] Asistiu a unha escola segregada sendo nena. Posteriormente graduouse no Oberlin College en 1938 e fixo un mestrado en socioloxía na Universidade Fisk en 1940.[4][5] A súa tese de 1940 foi "The Negro Woman Domestic Worker in Relation to Trade Unionism". Ao graduarse, recibiu unha Rosenwald Fellowship para apoiar un estudo sobre as actitudes da mocidade negra ante a segunda guerra mundial. Ela tiña planeado realizar o estudo como parte dos seus estudos de doutoramento en socioloxía na Universidade de Chicago.[6]
Sobre a súa crianza e familia, Jackson contou:
Os nosos pais sempre nos dicían que, se sacábamos as notas, e aprobabamos as probas, eles aseguraríanse de que iríamos a calquera facultade da nosa elección. Entón, non compraron moitos mobles caros nin nada máis: tiñamos moitos libros, e na casa líamos poesía, tiñamos os clásicos de Harvard e todo iso. Os seus valores foron transmitidos a nós.[3]
En 1945 foi delegada no World Youth Congress en Londres e exerceu como presidenta do Subcomité Americano de Problemas dos Pobos Dependentes.[7]
Despois de graduarse, Jackson converteuse nun membro do Proxecto Votación en Birmingham, Alabama, para o Congreso da Xuventude Negro do Sur (SNYC). Mentres traballaba con SNYC coñeceu ao seu futuro marido James E. Jackson, un teórico marxista que traballaría como organizador laboral e funcionario do Partido Comunista dos Estados Unidos.[4] Nunha entrevista de 2004, ela explicou que o seu marido e o SNYC axudaran en 1937 aos traballadores do tabaco en Virxinia a conseguir xornadas de oito horas e aumentar os salarios. Os traballadores do tabaco realizaron a primeira folga en Virxinia en 1905, e os seus logros, segundo C. Alvin Hughes, "axudaron a SNYC a gañar un número de seguidores entre a clase traballadora negra do Sur".[8]
Aínda que só tiña intención de quedar un verán, Jackson permaneceu en Alabama durante sete anos, envolta na loita para derrubar a segregación de Jim Crow. Durante sete anos como líder destacada de SNYC, Esther Cooper Jackson traballou co seu marido, Louis e Dorothy Burnham, Ed Strong, Sallye e Frank Davis —pais das irmás Davis, Angela e Fania—e numerosos outros, realizando moitas campañas de promoción dos dereitos dos negros e dos brancos pobres. A axitación da SNYC pola integración dos sistemas de transporte público foi importante na preparación para as loitas posteriores nos anos 50 e 60.[6]
Freedomways
[editar | editar a fonte]Na Nova York de 1961, Jackson converteuse en editora-xerente de Freedomways, revista creada por Esther Jackson, xunto con Louis Burnham, Jack O'Dell da Southern Christian Leadership Conference e a escritora Lorraine Hansberry. Freedomways foi a revista teórica central do movemento intelectual e das artes negras do século XX nos Estados Unidos. Dende o seu lanzamento en 1961, atraeu a historiadores, sociólogos, economistas, artistas, traballadores e estudantes para escribir sobre a historia, o patrimonio e a cultura dos afroamericanos. Jackson chamaríaa "unha ferramenta para a liberación do noso pobo".[3] Freedomways foi unha revista política, artística e intelectual de influencia mundial que publicou poetas internacionais como Pablo Neruda e Derek Walcott, artigos de líderes africanos como Kwame Nkrumah, Julius K. Nyerere, Agostinho Neto e Jomo Kenyatta e o esquerdista caribeño C. L. R. James, así como autores afroamericanos como James Baldwin, Alice Walker, Paul Robeson, Nikki Giovanni e Lorraine Hansberry. Os artistas afroamericanos máis destacados como Jacob Lawrence, Romare Bearden e Elizabeth Catlett contribuíron de balde coa portada para apoiar a revista, que foi lida en todo o mundo. Unindo as loitas polos dereitos civís do sur e do norte dos Estados Unidos da década de 1960 cun punto de vista internacional tomando en consideración o panafricanismo e outras correntes culturais e políticas, a revista adoita ser vista como unha precursora do Movemento das Artes Negras.[9]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Jackson e o seu marido, James E. Jackson, casaron en 1941 e tiveron dous fillos. Mudáronse a Brooklyn en 1951, e seguiron casados até a morte del en 2007.[4] En 2015, Jackson mudouse a un centro de retiro en Boston,[4] onde morreu o 23 de agosto de 2022, dous días despois do seu aniversario número 105.[4][10]
Obras
[editar | editar a fonte]- The Negro Woman Domestic Worker in Relation to Trade Unionism, M.A. thesis, Fisk University, 1940, excerpts reprinted in Viewpoint Magazine 5 (outubro de 2015). OCLC 60976760.
- "This Is My Husband: Fighter for His People, Political Refugee". National Committee to Defend Negro Leadership. 1953.
- Esther Cooper Jackson e Constance Pohl (2000). Freedomways Reader: Prophets in Their Own Country: Interventions—Theory and Contemporary Politics. Boulder: Westview Press.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Freedomways (1961-1985) •". 18 de decembro de 2009.
- ↑ Cosby, Camille (2007). A Wealth of Wisdom: Legendary African American Elders Speak. Washington Square Press. p. 193. ISBN 978-0822350507.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Fighting for Justice – Videos – Esther Cooper Jackson". www.nyc.gov.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Roberts, Sam (1 de setembro de 2022). "Esther Cooper Jackson, 105, Dies; Pioneer of Civil Rights Movement". The New York Times. p. B11. Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ "Upon These Shoulders: Happy 100th Mrs. Esther Cooper Jackson ...". www.ourtimepress.com (en inglés). 25 de agosto de 2017. Consultado o 10 de marzo de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 "Esther Cooper Jackson, Social Worker born".
- ↑ Adams, Oscar W. (10 de marzo de 1946). "What Negroes Are Doing". The Birmingham News. p. 8B.
- ↑ Rocksborough-Smith, Ian, "Bearing the Seeds of Struggle", MA thesis, Simon Fraser University, 2005.
- ↑ Haviland, Sara Rzeszutek (19 de outubro de 2015). "The Communist Party USA and Black Freedom in the 1950s". James and Esther Cooper Jackson. University Press of Kentucky. pp. 153–186. ISBN 978-0-8131-6625-4. doi:10.5810/kentucky/9780813166254.003.0006.
- ↑ Johnson, Timothy V. (30 de agosto de 2022). "Esther Jackson, 105: Life reflected the 20th century struggle for equality". People's World. Consultado o 3 de setembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brown, Sarah Hart (2003). "Esther Cooper Jackson: A Life in the Whirlwind". En Clayton, Bruce E.; Salmond, John A. "Lives Full of Struggle and Triumph": Southern Women, Their Institutions, and Their Communities. Gainesville, Fla: University Press of Florida. pp. 203–224. ISBN 081302675X. OCLC 495255239.
- Gore, Dayo F.; Theoharis, Jeanne; Woodard, Komozi, eds. (2009). Want to Start a Revolution?: Radical Women in the Black Freedom Struggle. New York: NYU Press. ISBN 978-0814783146. OCLC 326484307.
- Haviland, Sara (2015). James and Esther Cooper Jackson: Love and Courage in the Black Freedom Movement. Lexington, KY: University Press of Kentucky. ISBN 978-0813166261. OCLC 923250353.
- Lewis, David (2010). Red Activists and Black Freedom: James and Esther Jackson and the Long Civil Rights Revolution. Londres; Nova York: Routledge. ISBN 978-1317990604. OCLC 1058696533.
- McDuffie, Erik (2011). Sojourning for Freedom: Black Women, American Communism, and the Making of Black Left Feminism. Durham, NC: Duke University Press. ISBN 978-0822350507. OCLC 795456631.