Esther Pita
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de maio de 1943 ![]() Oleiros, España ![]() |
Morte | 24 de febreiro de 2019 ![]() Oleiros, España ![]() |
Alcaldesa | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Oleiros ![]() |
Ocupación | política ![]() |
Partido político | Alternativa dos Veciños ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/19/Praza_Esther_Pita_%282%29.jpg/220px-Praza_Esther_Pita_%282%29.jpg)
Esther Pita Pita, nada en Santa Cruz (Oleiros) o 23 de maio de 1943[1] e finada ibídem o 24 de febreiro de 2019, foi unha política galega que chegou a ser alcaldesa de Oleiros durante dúas lexislaturas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De pai emigrado en Venezuela e nai titular dun estanco en Santa Cruz, estudou na Escola de Comercio da Coruña, e despois traballou na Telefónica[1].
Fundou con Ángel García Seoane a Alternativa dos Veciños de Oleiros en 1976 e con ela concorreu ás primeiras elecións municipais, e foi elixida concelleira xa de xeito ininterrompido. En 1985 a Alternativa dos Veciños pasou a ocupala alcaldía na persoa de García Seoane e Pita tivo dende aquela responsabilidades de goberno nas áreas de servizos sociais e de cultura[2]. En xuño de 1996 García Seoane foi inhabilitado por seis anos e Pita pasou a ser alcaldesa. Ao remate da inhabilitación de Seoane, nas eleccións municipais de 2003, Pita deixou a alcaldía, que volveu a García Seoane, e abandonou a política.
Predecesor: Ángel García Seoane |
![]() Alcaldesa de Oleiros 1996 - 2003 |
Sucesor: Ángel García Seoane |
Honras[editar | editar a fonte]
Ten unha praza dedicada en Santa Cruz.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Estivo casada e enviuvou.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "«A miña achega é mínima en relación coa xenerosidade dos veciños»". La Voz de Galicia (en castelán). 14/5/2017. Consultado o 25/2/2019.
- ↑ "Fallece Esther Pita, ex alcaldesa de Oleiros". La Opinión de A Coruña (en castelán). 24/2/2019.