Esther Pita
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de maio de 1943 ![]() Oleiros, España ![]() |
Morte | 24 de febreiro de 2019 ![]() Oleiros, España ![]() |
![]() | |
xullo de 1996 – 2003 ← Ángel García Seoane – Ángel García Seoane → ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Oleiros ![]() |
Ocupación | política ![]() |
Partido político | Alternativa dos Veciños ![]() |

Esther Pita Pita, nada en Santa Cruz (Oleiros) o 23 de maio de 1943[1] e finada ibídem o 24 de febreiro de 2019, foi unha política galega que chegou a ser alcaldesa de Oleiros durante dúas lexislaturas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De pai emigrado en Venezuela e nai titular dun estanco en Santa Cruz, estudou na Escola de Comercio da Coruña, e despois traballou na Telefónica[1].
Fundou con Ángel García Seoane a Alternativa dos Veciños de Oleiros en 1976 e con ela concorreu ás primeiras eleccións municipais democráticas, e foi elixida concelleira xa de xeito ininterrompido. En 1985 a Alternativa dos Veciños pasou a ocupala alcaldía na persoa de García Seoane e Pita tivo dende aquela responsabilidades de goberno nas áreas de servizos sociais e de cultura[2]. En xuño de 1996 García Seoane foi inhabilitado por seis anos e Pita pasou a ser alcaldesa. Ao remate da inhabilitación de Seoane, nas eleccións municipais de 2003, Pita deixou a alcaldía, que volveu a García Seoane, e abandonou a política.
Predecesor: Ángel García Seoane |
![]() Alcaldesa de Oleiros 1996 - 2003 |
Sucesor: Ángel García Seoane |
Honras
[editar | editar a fonte]Ten unha praza dedicada en Santa Cruz.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casada e enviuvou.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "«A miña achega é mínima en relación coa xenerosidade dos veciños»". La Voz de Galicia (en castelán). 14/5/2017. Consultado o 25/2/2019.
- ↑ "Fallece Esther Pita, ex alcaldesa de Oleiros". La Opinión de A Coruña (en castelán). 24/2/2019.