Estreito de Hudson
(en) Hudson Strait | |||||
Tipo | estreito | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Henry Hudson | ||||
Parte de | Baía de Baffin Océano Ártico | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Quebec, Canadá e Nunavut, Canadá | ||||
| |||||
Afluentes | Baía de Hudson, Rivière Naujaat (en) , Rivière Nauyok (en) , Rivière Jacquère (en) , Rivière Latourette (en) , Rivière Wakeham (en) | ||||
Conca hidrográfica | conca hidrográfica do océano Ártico | ||||
Características | |||||
Dimensións | 125 () × 840 () km | ||||
O estreito de Hudson é un estreito que une o océano Atlántico e o mar de Labrador coa baía de Hudson no Canadá. Sitúase entre a illa de Baffin e Nunavik, coa súa boca oriental marcada polo cabo Chidley en Terra Nova e Labrador e a illa Resolution. Mide uns 750 km de lonxitude cunha largura media de 125 km, variando entre os 70 km na boca oriental e os 240 km en Deception Bay.[1]
O estreito de Hudson une os portos do norte de Manitoba e Ontario co océano Atlántico. O estreito podería servir como entreda oriental á Pasaxe do Noroeste se non houbese xeo no Fury and Hecla Strait ao sur da illa de Baffin occidental.
Exploración
[editar | editar a fonte]O navegante inglés Sir Martin Frobisher foi o primeiro europeo que afirmou que entrou no estreito en 1578. Nomeou un estuario na entrada o Furious Overfall e chamou o estreito Mistaken Strait (estreito confundido), posto que sentiu que supuña unha entrada menos prometedora para a Pasaxe do Noroeste que que se chamou posteriormente Frobisher Bay. John Davis navegou pola boca do estreito durante a súa viaxe de 1587.
O primeiro europeo que explorou o estreito foi George Weymouth que navegou 300 millas náuticas alén do Furious Overfall en 1602.[2][3] O estreito recibiu o nome por Henry Hudson que o explorou en 1610 no barco Discovery, o mesmo que empregara previamente George Weymouth en 1602. Hudson foi seguido por Thomas Button en 1612, e por unha expedición cartográfica máis detallada liderada por Robert Bylot e William Baffin en 1616.[4][5]
Extensión
[editar | editar a fonte]A International Hydrographic Organization define os límites do estreito de Hudson como segue:[6]
- Polo oeste a iña dende Nuvuk Point (62°21′N 78°06′O / 62.350, -78.100) a Leyson Point, de aí pola beira leste de Southampton Island a Seahorse Point, o seu extremo oriental, de aí en liña a Lloyd Point (64°25′N 78°07′O / 64.417, -78.117), na illa de Baffin.
- Polo norte, a costa meridional da illa de Baffin entre Lloyd Point e East Bluff.
- Polo leste unha liña dende East Bluff, o extremo sur da illa de Baffin (61°53′N 65°57′O / 61.883, -65.950), ata Point Meridian, o extremo occidental das Lower Savage Islands, ao longo da costa ata o extremo suroccidental e de aí unha liña ao extremo occidental da illa Resolution, a través da costa suroeste ata Hatton Headland, o seu punto meridional, de aí unha liña ata Cape Chidley, Labrador (60°24′N 64°26′O / 60.400, -64.433).
- Polo sur o continente entre o cabo Chidley e Nuvuk Point.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Proceedings of a Workshop: Marine Ecosystem studies in Hudson Strait, consultado o 28 de outubro de 2017
- ↑ Glyn Williams, "Arctic Labyrinth", Toronto: Penguin, 2009, p 45
- ↑ Douglas Hunter, "God’s Mercies. Rivalry, Betrayal and the Dream of Discovery", Anchor/Random House, 2007, pp 13-14
- ↑ Nuttal, Mark, "Encyclopedia of the Arctic", Routledge: 2004, pp 295-296
- ↑ Fick, Steven; Hunter, Douglas (1 de abril de 2010). "In Hudson’s wake". Canadian Geographic. The Royal Canadian Geographical Society. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 16 de abril de 2019.
- ↑ "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estreito de Hudson |
A Galipedia ten un portal sobre: Canadá |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Allard, Michel, Baolai Wang, and Jean A Pilon. 1995. "Recent Cooling Along the Southern Shore of Hudson Strait, Quebec, Canada, Documented from Permafrost Temperature Measurements". Arctic and Alpine Research. 27, no. 2: 157.
- Andrews, J. T., and D. C. Barber1. 2002. "Dansgaard-Oeschger Events: Is There a Signal Off the Hudson Strait Ice Stream?" Quaternary Science Reviews. 21, no. 1-3: 443–454.
- Barr, W. 1994. "The Eighteenth Century Trade between the Ships of the Hudson's Bay Company and the Hudson Strait Inuit". Arctic. 47, no. 3: 236.
- Campbell, N. J. The Oceanography of Hudson Strait. [S.l.]: Atlantic Oceanographic Group, 1958.
- Easton, A. K. Tides of Hudson Strait. Dartmouth, Nova Scotia: Bedford Institute of Oceanography, 1972.
- Gaston, A. J. Seabird Investigations in Hudson Strait Report on Activities in 1980. OLABS Program report. [Canadá]: Canadian Wildlife Service, 1981.
- Payne, F. F. Eskimo of Hudson's Strait. Toronto?: s.n.], 1889. ISBN 0-665-09301-2
- 2005. "A Sentry at the Atlantic Gateway – An Experimental Mooring Monitors Water Flow Through Strategic Hudson Strait". Oceanus. 44, no. 3: 30.