Saltar ao contido

Martin Frobisher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMartin Frobisher

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1535 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Altofts, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte15 de novembro de 1594 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Plymouth, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt Giles-without-Cripplegate (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmariño e militar
Carreira militar
Rango militaralmirante Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra anglo-española de 1585-1604 Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1275168 WikiTree: Frobisher-4 Find a Grave: 8662181 Editar o valor en Wikidata


Martin Frobisher, nado en Wakefield contra 1535 e finado en Plymouth o 22 de novembro de 1594, foi un mariño e militar inglés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Organizou tres expedicións (1576, 1577 e 1578) a Groenlandia, no curso da cales explorou as costas da terra da illa Baffin, o estreito de Hudson e a baía que leva o seu nome, intentando en balde descubrir o Paso do Noroeste cara a China. En 1576 volvería a casa co que el cría que era ouro pero resultou ser pirita, o que hoxe se coñece como «o ouro dos parvos».

Participou na expedición de piratería de Francis Drake a América (1585) e estivo no enfrontamento contra a Armada Invencible (1588). Morreu en Plymouth, días despois de ser ferido en Brest apoiando a Henrique IV de Francia contra a Liga Católica e os españois.