Estrofa
Aparencia
En literatura, denomínase estrofa a un grupo de versos unidos por unha serie de criterios fixos de métrica. Reciben distintos nomes segundo a extensión (número de versos), lonxitude dos mesmos (arte maior ou arte menor), rima (en función do formato e de se é asoante ou consoante) e ritmo.
Tipos
[editar | editar a fonte]As estrofas sen métrica e sen rima son de verso libre, e as estrofas con métrica mais sen rima, son de verso branco.
As estrofas adoitan clasificarse en función do número de versos:
- Dous versos
- Tres versos
- O terceto, con versos de arte maior (xeralmente hendecasílabos), con rima consonante ABA.
- A terceta, o mesmo para os versos de arte menor.
- Catro versos
- O cuarteto (arte maior e rima consonante ABBA)
- A redondilla (octosílabos de rima consonante abba)
- O serventesio (arte maior e rima consonante ABAB)
- A cuarteta (octosílabos de rima consonante abab)
- A copla (arte menor, rima asonante –a–a)
- A caderna vía (versos alexandrinos de rima consonante AAAA).
- Cinco versos
- A quintilla (arte menor e rima consonante)
- O quinteto (arte maior de rima consonante)
- A lira (versos heptasílabos e hendecasílabos con rima consonante aBabB).
- Seis versos
- O sexteto (arte maior e rima consonante)
- A sextilla (arte menor e rima consonante)
- A copla de pé quebrado (octosílabos e tetrasílabos de rima consonante 8a8b4c8a8b4c).
- Oito versos
- A oitava real (versos hendecasílabos con rima alterna os seis primeiros e un pareado nos dous últimos).
- Dez versos
- A décima é unha estrofa de dez versos octosílabos consonantes, que riman ABBAADDEED.
- Sen un límite fixo
- O romance ( versos octosílabos, con rima asonante nos pares).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Refrán (música)
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |