Etéocles
Aparencia
Nome orixinal | (grc) Ἐτεοκλῆς |
---|---|
Biografía | |
Causa da morte | morte en combate |
Rei de Tebas (pt) | |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra dos Sete Chefes contra Tebas (pt) |
Outro | |
Título | Rei de Tebas (pt) |
Fillos | Laodamante |
Pais | Edipo e Jocasta |
Irmáns | Antígona Polinices Ismênia |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Granat Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Na mitoloxía grega, Etéocles (grego antigo: Ἐτεοκλῆς) era un rei de Tebas, fillo de Edipo e Iocasta e irmán de Polinices, Ismene e Antígona.
Ao saberen dos crimes do seu pai, el e Polinices negáronse a socorrelo cando foi desterrado, polo que Edipo maldíxoos.
Acordaron reinaren Tebas un ano cada un, de xeito alterno. Porén, acabado o seu prazo, Etéocles non lle quixo ceder o trono ao seu irmán. Daquela, Polinices, xunto con Adrasto (rei de Argos) e outros heroes, recrutou un exército e iniciou a expedición coñecida como Os sete contra Tebas. Nela, finalmente, Polinices e Etéocles déronse morte un ao outro.
Etéocles foi pai de Laodamante, quen tamén reinou Tebas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Etéocles |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pausanias, Descrición de Grecia IX. 34.9, 36.1, 38.1.