Odón I de Blois
Nome orixinal | (fr) Eudes Ier de Blois |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 950 |
Morte | 12 de marzo de 996 (Gregoriano) (45/46 anos) |
Lugar de sepultura | Abadia de Marmoutier (pt) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Count of Dreux (en) (991–995) Count of Reims (en) (982–995) Count of Blois, Châteaudun and Chartres (en) (975–995) Count of Tours (en) (975–995) |
Familia | Casa de Blois |
Cónxuxe | Berta de Borgoña (983 (Gregoriano)–) |
Fillos | Thierry de Blois, Robert de Blois, Agnes de Blois, Teobaldo II de Blois, Odón II de Blois |
Pais | Teobaldo I de Blois e Luitgarda de Vermandois |
Irmáns | Emma of Blois Hugh of Blois |
Odón ou Eudes I de Blois, nado en 950 e finado en 995 ou o 12 de marzo de 996, foi conde de Blois, Tours, Châteaudun, Chartres, Beauvais e Dreux e señor de Chion e Saumur, sucesor do seu pai Teobaldo I o Tramposo e un dos máis poderosos señores do tempo de Hugo Capeto.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Teobaldo I de Blois e Luitgarda de Vermandois, filla de Heriberto II de Vermandois. Ao redor de 978/980, casou con Berta de Borgoña, filla de Conrado III chamado O Pacífico, rei de Borgoña.
Despois do conflito entre o seu pai e o arcebispo de Reims polo castelo de Coucy, recibiu este castelo en 965 pero "en precario" do arcebispo. Na década de 970, nos conflitos polo ducado da Bretaña, apoiou ao conde de Rennes, Conan, e consolidou a influencia da súa familia nese territorio.
Recibiu do rei carolinxio Lotario I de Francia o título de conde palatino que permanecerá na súa familia. Non pasou moito tempo para que, cos seus curmáns herbertianos, se convertese en leal aos carolinxios contra os robertianos. En 988, axudou a Carlos de Baixa Lorena na súa toma de Laon, que pertencera ao seu pai Teobaldo o Tramposo.
En 991, deixou o partido lorenés contra a cidade de Dreux. Pero a mediados de 991 intentou apoderarse de Melun que pertencía a Bucardo o Venerable, o fiel entre os fieis de Hugo Capeto, e viu como se formaba unha alianza contra el que comprendía a Hugo Capeto, Ricardo I de Normandía e o conde de Anjou, Folque III Nerra, xenro de Bucardo.
Recibiu de Hugo Capeto o título de abade laico de Saint-Martin de Tours e Marmoutier que se converteu na necrópole dinástica dos condes de Blois. Non obstante, na primavera de 993, o conde Odón I de Blois, decepcionado de que Hugo Capeto e o seu fillo se negaran a lle conceder o título de duque dos francos, imaxinou, en alianza con Adalberón de Laon, un plan para facelos capturar no momento dunha reunión proxectada en Metz entre os Capetos e o emperador Odón III e para colocar no trono a Luís de Baixa Lotarinxia, fillo do duque Carlos de Baixa Lotarinxia.[1] Odón I de Blois sería entón proclamado duque dos francos e Adalberón bispo de Reims. Hogo Capeto e o seu fillo, avisados, frustraron este intento.
Arredor do 995 entrou en guerra contra o conde de Anjou, Folque III Nerra, que xa estaba en conflito pola súa fronteira en Chartres con Conan I da Bretaña.
Odón I creou unha alianza que reuniu ao seu cuñado, o duque de Aquitania, Guillerme II de Poitiers (IV de Aquitania), o conde de Flandres Balduíno IV o Barbudo e incluso o seu antigo inimigo, o duque de Normandía, Ricardo I. No transcurso do inverno de 995-996, cercaron o castelo de Langeais onde se refuxiara Folque III, pero a chegada do rei Hugo Capeto en axuda dos anxevinos puxo fin á súa empresa.
Enfermo pouco despois, Odón I de Blois entrou na abadía de Marmoutier de Tours onde morreu o xoves 12 de marzo de 996. A súa viúva, Berta de Borgoña[2] volveu casar co rei de Francia, Roberto, fillo de Hugo Capeto, cuxa morte o 24 de outubro de 996 permitiu este matrimonio ao que o defunto rei se opuña radicalmente.
Familia e descendencia
[editar | editar a fonte]En 978/980, casou con Berta de Borgoña que lle deu:[3]
- Teobaldo II de Blois (m. 1004 ).
- Odón II de Blois, conde de Blois-Champagne (m. 1037).
- Inés, que casou con Godofredo II, vizconde de Thouars[4].
- Segundo algúns autores, Odón I de Blois tamén sería o pai de Roger de Blois, bispo de Beauvais, ás veces chamado Roger de Champagne.[5] Porén, outros autores como Charles Delettre na súa Histoire du diocèse de Beauvais, amosa certa incredulidade e presentan a incoherencia de que, se fose certo, accedeu ao cargo con doce anos.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Theis, Laurent (1999). Robert le Pieux (en francés). París: Librairie Acédémique Perrin. p. 76. ISBN 9782262018771.
- ↑ "BURGUNDY KINGDOM, KINGS". fmg.ac (en inglés). 1 de xuño de 2021. Consultado o 19 de novembro de 2021.
- ↑ "CENTRAL FRANCE. BLOIS, TOURS". fmg.ac (en francés). 19 de setembro de 2020. Consultado o 19 de novembro de 2021.
- ↑ Dinastia de Xampanya
- ↑ Richard, Charles Louis (1827). Bibliothèque sacrée, ou Dictionnaire universel des sciences ecclésiastiques (en francés). XXVII. París: Méquignon-Havard Libraire-éditeur. p. 142.
- ↑ Delettre, Charles (abbé) (1842). Histoire du diocèse de Beauvais, depuis son établissement, au troisiéme siécle, jusqu'au 2 septembre 1792 (en francés). París: Imprimerie d'Ach. p. 429.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Odón I de Blois |