Roberto II de Francia
Roberto II de Francia ou Roberto II "o Piadoso" (en francés: Robert II le Pieux). Nado en Orleans o 27 de marzo de 972 e finado en Melun o 20 de xullo de 1031. Foi rei de Francia desde 996 ata 1031. Foi o segundo rei da dinastía dos Capeto e fillo de Hugo Capeto e Adelaida de Aquitania.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e sucesor primoxénito da monarquía francesa
[editar | editar a fonte]No 987, o seu pai lograra que a nobreza recoñecera a Roberto como sucesor rex designatus, dando comezo así o reinado dos seus sucesores en Francia, que duraría en liña directa ata 1328 e indirecta, con interrupcións polas repúblicas e imperios napoleónicos, ata 1848.
Características do seu reinado
[editar | editar a fonte]Xa no trono, Roberto obtivo o recoñecemento do seu primoxénito Hugo, como o seu sucesor, mais a morte deste convertería en futuro sucesor a Henrique.
Foi un defensor da Igrexa e protector da cultura, ademais de precursor fundamental da expansión da orde cluniaciense.
O piadoso Roberto fixo poucos amigos e moitos inimigos, que incluiría aos seus propios fillos que máis tarde se rebelarían.
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]
Roberto II de Francia casárase en primeiras nupcias coa súa prima cuarta Berta de Borgoña, sobriña do duque Otón Guillerme de Borgoña, aínda que deste enlace non tivese descendencia.[1]

Por medio deste matrimonio obtivo o Ducado de Borgoña e arrebatoulle á nobreza os condados de Dreux e Melun no ano 1017.[2]
Este matrimonio non era do agrado do papa Gregorio V, a causa do próximo parentesco e porque durante o pontificado do antecesor papa Xoán XV, se depuxera a Arnulfo do arcebispado de Reims que foi substituído, coa oposición papal, por Gerberto quen fose nomeado Silvestre II contando co apoio do anterior rei francés Hugo Capeto, e polo cal esixiu a Roberto que anulase o enlace. Este ao negarse provocou que fose excomungado, ao igual que o arcebispo de Reims que autorizara o casamento.
Ao final rematou por separarse o matrimonio e quitáseo o apoio ao Silvestre II xa que desexaba un achegamento co Papa. Isto provocou que nun concilio celebrado en Pavia no ano 997, restituísese como arcebispo de Reims a Arnulfo e condenásese como usurpador a Gerberto, ademais de levantar a excomuñón.[1]
Roberto enlazouse por segunda vez con Costanza de Arles -aínda que ao ter sido anulado o anterior, se convertería nas súas primeiras nupcias- filla do Príncipe da Provenza (dende 991), sendo unha muller moi temperamental, contrastando acentuadamente con Roberto "o Piadoso", pasou á Historia por defender con decisión os dereitos do seu fillo ao trono.[3] Deste matrimonio naceron sete fillos:
- Hedwige de Francia (1003 - 1063), casada con Renauld, Conde de Nevers.
- Hugo (1007-1025). Asociado ao trono polo seu pai, finou no 1025.
- Herique (1008 - 1060). Rei de Francia, co nome de Henrique I.
- Adela de Flandres (1009 - 1079), casada co conde Balduíno V de Flandres. A súa filla Matilde foi esposa de Guillerme I de Inglaterra.
- Roberto o Vello (1011 - 1076). Iº Duque de Borgoña da casa capetiana. Avó de Henrique de Borgoña, pai de Afonso I de Portugal e pai de Costanza de Borgoña, esposa de Afonso VI o Bravo, rei de Castela e León.
- Eudes de Francia (1013 - 1056) naceu con retardo mental.
- Costanza de Francia (1014 - ¿?), casada con Manasses Conde de Dammartín.
Guerras civís e falecemento
[editar | editar a fonte]Os seus fillos Hugo, Henrique e Roberto, rebeláranse contra o seu pai dando lugar a unha guerra civil, na cal Hugo morrería en plena revolta, en 1025.
Na continuación do conflito con Henrique e o mozo Roberto, as tropas do rei Roberto resultaron derrotadas e o rei retirouse a Beaugency, nos arredores de París, a capital.
Roberto morreu en plena contenda contra os seus fillos o 20 de xullo de 1031 en Melun. Foi enterrado, xunto coa súa esposa Costanza, na Basílica de Saint Denis. Sucederíalle o seu fillo Enrique.
Ao rematar o seu reinado, Francia encontraríase nun proceso de importante evolución política.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roberto II de Francia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Le Bas, Philippe; en "Historia de la Francia" (Tomo I, obra traducida por Una Sociedad Literaria, Ed. Imprenta del Nacional, Barcelona, ano 1841).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Hugo Capeto |
![]() Rei de Francia 996 – 1031 |
Sucesor: Henrique I |
Predecesor: Otón Guillerme |
Duque de Borgoña 1004 – 1016 |
Sucesor: Henrique |