Hugo II de Francia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1007 |
Morte | 17 de setembro de 1025 (17/18 anos) Compiègne, Francia |
Causa da morte | caída de cabalo |
Lugar de sepultura | Compiègne |
Rei dos francos | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Casa de Capeto (pt) |
Pais | Roberto II de Francia e Costanza de Arles |
Irmáns | Adela de França Hedwig of France, Countess of Nevers Roberto I de Borgoña Henrique I de Francia |
Hugo II de Francia ou Hugo Magno o Grande, nado en 1007 e finado en 1026, foi rei asociado de Francia (1017-1026).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Segundo fillo, o primeiro varón, do rei Roberto II de Francia e a súa terceira esposa, Costanza de Arles. Era neto por liña paterna de Hugo Capeto e Adelaida de Aquitania, e por liña materna de Guillerme I da Provenza e Adelaida de Anjou. Era o irmán máis vello do futuro rei Henrique I de Francia e de Roberto I de Borgoña.
Coroación
[editar | editar a fonte]Continuando coa tradición de seu avó, Roberto II de Francia coroou ao seu fillo primoxénito Hugo Magno en 1017 para evitar problemas de loitas posteriores entre irmáns pola obtención da herdanza. Tiña a confianza do seu pai pero pronto se enfrontou a el, como os seus irmáns, estalando unha Guerra Civil. Hugo II morreu de súpeto o 17 de setembro de 1026 no medio dunha gran rebelión contra Roberto II.
Á súa morte, o seu irmán máis novo Henrique converteuse en herdeiro do seu pai, Roberto II.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Louis Halphen, Francia: gli ultimi Carolingi e l'ascesa di Ugo Capeto (888-987), in «Storia del mondo medievale», vol. II, 1999, pp. 636–661 (en italiano).
- Louis Halphen, "La Francia dell'XI secolo", cap. XXIV, vol. II (L'espansione islamica e la nascita dell'Europa feudale) della Storia del Mondo Medievale, 1999, pp. 770–806 (en italiano).
- Louis Halphen, "Il regno di Borgogna", cap. XXV, vol. II (L'espansione islamica e la nascita dell'Europa feudale) della Storia del Mondo Medievale, 1999, pp. 807–821 (en italiano).