Eugène Ysaÿe
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1858 Liexa, Bélxica |
Morte | 12 de maio de 1931 (72 anos) Bruxelas, Bélxica |
Causa da morte | Diabetes mellitus |
Lugar de sepultura | Ixelles Cemetery (en) |
Court chapel master (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Royal Conservatory of Liège (en) Conservatorio Real de Bruxelas |
Actividade | |
Campo de traballo | Romanticismo musical |
Ocupación | compositor, profesor de música, profesor universitario, violinista, director de orquestra, Concertino |
Empregador | Conservatorio Real de Bruxelas |
Membro de | |
Profesores | Lambert Massart |
Alumnos | Julia Klumpke |
Instrumento | Violín |
Familia | |
Irmáns | Théo Ysaÿe |
Premios | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Изаи Эжен) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Eugène Ysaÿe, nado en Liexa o 16 de xuño de 1858 e finado en Bruxelas o 12 de maio de 1931, foi un violinista, compositor e director de orquestra belga. Foi elixido como un dos Cen Valóns do século polo instituto Jules Destrée, en 1995.
Biografía
[editar | editar a fonte]Comeza a estudar violín co seu pai aos cinco anos. Con sete entra no conservatorio da súa cidade natal, de onde é expulsado catro anos máis tarde polas súas críticas das clases. Henri Vieuxtemps tómao como alumno, faino traballar e consegue que o reintegren no conservatorio na clase de Rodolphe Massart. Con quince anos obtén o diploma de fin de estudos. A través de Viuextemps, recibe unha bolsa para traballar con Henryk Wieniawski en Bruxelas (quen substituía alí a Vieuxtemps, pola parálise dun brazo). Dous anos máis tarde vai para París, para traballar con Vieuxtemps, que residía alí.
En 1879, o violinista alemán Joseph Joachim introdúceo na vida musical de Colonia, onde interpreta con Clara Schumann a Sonata en dó menor de Ludwig van Beethoven. En 1880 é o primeiro violín na orquestra de Benjamin Bilse, en Berlín; orquestra que máis tarde sería a Filharmónica de dita cidade. Franz Liszt e Antón Rubinstein van sempre a Berlín a escoitar o que eles chaman "der famosen Kerl" (Ysaÿe coñecéraos en París en 1876 durante as veladas musicais na casa de Vieuxtemps, e desenvolvérase unha admiración mutua). A partir de 1881, emprende xiras de concertos con Anton Rubinstein entre outros, por Rusia, Noruega (onde se encontra con Edvard Grieg) e París. Alí, establece amizade co seu compatriota de Liexa César Franck, que compoñerá para el a súa célebre sonata como agasallo de voda. O alumno de Franck, Ernest Chausson, dedícalle o seu Poema para violín e orquestra e o seu Concerto para piano e cuarteto de cordas. Outros músicos célebres dedícanlle tamén numerosas obras: Claude Debussy o seu cuarteto; Camille Saint-Saëns unha sonata; Gabriel Fauré o seu segundo quinteto; Edward Elgar, e numerosos compositores belgas. Durante as súas viaxes a Viena e Bordeos, cabe mencionar a súa interpretación do Poema de Chausson, que integra no seu programa; negándose a tocar se os organizadores non a querían incluír.
En 1894 crea e dirixe os Concertos Ysaÿe en Bruxelas, así como os Cuartetos de Cordas Yasÿe con Mathieu Crickboom de segundo violín. Ese mesmo ano preséntase en EUA. De 1886 a 1898, traballa de profesor no Real Conservatorio de Bruxelas. Os seus alumnos máis prestixiosos son Josef Gingold, William Primrose, Louis Persinger, Alberto Bachmann, Irma Sèthe, con quen mantivo unha longa relación sentimental e Mathieu Crickboom. De 1918 a 1922, acepta o posto de director permanente da orquestra de Cincinnati.
Os seus instrumentos persoais son: primeiro, un Stradivarius, o Hércules, que lle roubaron nun concerto en Rusia; e un Guadagnini. Despois, un Guarnerius del Gesù (que despois pertenceu a Isaac Stern).
Convértese enseguida no conselleiro musical da Raíña Sabela de Bélxica. O concurso creado pola raíña, que levaba o seu nome, foi chamado en 1951 Concours musical international Reine-Élisabeth-de-Belgique (CMIREB) (concurso musical internacional Raíña-Sabela-de-Bélxica). Pouco antes de morrer, puido oír desde a súa cama do hospital a estrea da súa derradeira obra, unha ópera en lingua valoa: Pier li Houyeu.
Familia
[editar | editar a fonte]- Théo Ysaÿe (Verviers, 1865 - Niza, 23 de marzo de 1918): irmán de Eugène, pianista e compositor, fixo os seus estudos musicais en Liexa, Berlín e París. De saúde débil non podía seguir o ritmo das xiras co seu irmán e dedicouse á composición. Foi profesor do conservatorio de Xenebra e foi autor de numerosas obras.
- Marc Ysaÿe: bisneto de Eugène e batería do grupo Machiavel e director de programas da Classic 21, unha das radios da RTBF (Radio-Télévision belge de la Communauté française).
Obras
[editar | editar a fonte]- Seis Sonatas para violín op 27 dedicadas a grandes compositores e violinistas segundo o seu estilo:
- Sonata 1: Joseph Szigeti
- Sonata 2: Jacques Thibaud
- Sonata 3: George Enescu
- Sonata 4: Fritz Kreisler
- Sonata 5: Mathieu Crickboom (o seu alumno favorito)
- Sonata 6: Manuel Quiroga Losada
- Unha sonata para 2 violíns (dedicada á raíña Sabela de Bélxica)
- Sonata para violonchelo só, op 28
- Numerosos poemas para violín e orquestra (por exemplo: "poème élégigiaque", "chant d'hiver" ou "les neiges d'antan".
- Unha fantasía para violín e orquestra
- Un divertimento, op 24
- Unha ópera: Pier li Houyeu (Pedro o mineiro)
Debilitado pola diabetes non puido terminar a súa segunda ópera: L’avièrge di pièr (A virxe de pedra)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- «Eugène Ysaÿe» no International Music Score Library Project .
- Esplendor y declive del violín romántico (en castelán)