Eugenio Pazos Pereiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1889 ![]() Veigue, España ![]() |
Morte | 1944 ![]() Arxentina ![]() |
Actividade | |
Ocupación | comerciante, político ![]() |
Eugenio Pazos Pereiro, nado no Quintán (Veigue, Sada) o 14 de outubro de 1889[1] e finado na Arxentina en 1944, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dono dun taller de carpintería en Veigue. Estableceu un comercio de Ultramarinnos en Sada, Casa Quintán, en Barrié de la Maza 21. Emigrou a Nova York a en 1917, traballando de carpinteiro e colaborou coa sociedade Sada y sus Contornos. Retornou a Sada logo de dous anos. Subdirector da Compañía El Ocaso de Sada y Betanzos, foi nomeado correspondente do Banco de La Coruña en Sada, Bergondo e Oleiros en 1935.[2] Foi directivo de La Unión de Veigue no anos dez, da Asociación Popular de Defensa de Sada nos anos vinte, e presidente de La Unión Gremial Mercantil (anos 20 e 30).[3][4] Na República foi directivo da agrupación local do Partido Republicano Radical Socialista e presidente da de Izquierda Republicana en 1934.[5] Pertenceu á directiva da Alianza de Esquerdas en Sada.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado durante un tempo, ata que conseguiu fuxir a Portugal, desde onde tomou un barco a Buenos Aires. A familia seguiuno en 1937. Foi expedientado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas e sancionado con oito anos de inhabilitación especial para o desempeño de cargos públicos e o pago de cinco mil pesetas en 1941.[6] No exilio retomou o seu oficio de carpinteiro e chegou a ser propietario dun restaurante.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Esperanza Méndez Veiga, de Oleiros, e foi pai de Esperanza, nacida en 1914, que casou con Ricardo Escudero Romero en 1935,[7] Eugenio, Manuel, Antonio, José e Jaime Pazos Méndez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Relación de los inscriptos de esta brigada que cumplen 20 años de edad en el próximo venidero de 1909". Boletín oficial de la provincia de La Coruña (248): 4. 28 de outubro de 1908. 101.
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-4-1935, p. 12.
- ↑ La Voz de Galicia, 11-3-1932, p. 9.
- ↑ La Voz de Galicia, 18-1-1933, p. 9.
- ↑ El Pueblo Gallego, 28-7-1934, p. 9.
- ↑ BOE, 24-6-1941, p. 2602-2603.
- ↑ La Voz de Galicia, 28-3-1935, p. 8.